Albizia guachapele
Albizia guachapele | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Albizia guachapele é unha especie de árbore da familia das fabáceas ou legumminosae.
Taxonomía editar
- Sinonimia
- Acacia guachapele Kunth
- Albizia longepedata (Pittier) Britton & Rose ex Record
- Lysiloma guachapele (Kunth) Benth.
- Pithecellobium guachapele (Kunth) J.F. Macbr.
- Pithecellobium guachapele (Kunth) R.S. Cowan
- Pithecellobium longepedatum Pittier
- Pithecellobium samaningua (Pittier) J.F. Macbr.
- Pseudosamanea guachapele (Kunth) Harms
- Samanea samaningua Pittier[1]
Descrición editar
É unha árbore con ramificación dicotómica, aparasolada. Fuste até a primeira rama 5 ou máis m. Ritidoma de cor esbrancuxada carmelita, escamento, que se desprende en forma de placas ou láminas. Follas paripinnadas, bipinnadas; raque de 17 cm. l., con 5-6 pares de raquillas opostas ou alternas, de 10 cm.l.; folíolos en número de 7 pares, oblongos, asimétricos, os dous terminais espatulados, verde claros, de 4 cm. l. x 1,5 de ancho. Flores filamentosas, branco amareladas. Froito, vaina aplanada, apiculada, duns 15 l. x 2,7 cm de ancho.
Distribución e hábitat editar
Está presente en en Colombia, Bolivia, Ecuador, Panamá, Nicaragua e Honduras.
A madeira de fribra dura e trabada é especial para usos que demanden gran resistencia, como travesas de ferrocarril, píos, portas de golpe, currais para gando, construcións, postes, carrozarías; tamén para ebanistería e carpintaría en xeral; resiste o ataque dos térmites e a couza.[2]
As súas follas utilízanse normalmente para forraxe de gando de alta calidade cun 24% de proteína.
Notas editar
- ↑ "Albizia guachapele". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 28 de abril de 2015.
- ↑ Echeverry Echeverry, R. (2011). Plantas nativas en el jardín botánico Alejandro Von Humboldt de la Universidad de Tolima-Ibagué. Ibagué: Universidade de Tolima. ISBN 978-958-9243-77-0.