Albert Cuny
Albert Cuny, nado o 16 de maio de 1869 e finado o 21 de marzo de 1947, foi un lingüista francés coñecido polos seus intentos de establecer correspondencias fonolóxicas entre as linguas indoeuropeas e as semíticas ademais de polas súas contribucións á teoría das laringais.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de maio de 1869 Saint-Dié-des-Vosges, Francia |
Morte | 21 de marzo de 1947 (77 anos) Bordeos, Francia |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Bordeaux (pt) |
Membro de | |
Premios | |
Traxectoria
editarEstudou co indoeuropeísta francés Antoine Meillet [1]). Desde 1910 ata o seu retiro formal do ensino en 1937 foi profesor de latín e gramática comparada na Universidade de Bordeos [2]. Porén seguiu ensinando sánscrito na universidade o resto da súa vida [3]. Foi correspondente da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres [4].
En 1905 participou, so a dirección de Robert Gauthiot e do mesmo Meillet, na tradución ao francés de Grundriss der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen de Karl Brugmann e Berthold Delbrück, summa da reconstrución neogramática do indoeuropeo[5].
O lugar que ocupa Cuny no desenvolvemento da teoría laringal describiuno así Émile Benveniste (1935:148):
A precondición necesaria para calquera reconstrución indoeuropea foi proporcionada polo brillante descubrimento de F. de Saussure en relación coa natureza consonántica do fonema ə. Aceptada e enriquecida por Möller, por Pedersen e Cuny, esta teoría pode darse por establecida hoxe grazas á perspicacia de J. Kuryłowicz, que foi quen de recoñecer dúas das tres variedades do ə indoeuropeo no hitita ḫ.
Notas
editar- ↑ Faral 1947:277
- ↑ ib. 278
- ↑ ib.
- ↑ ib. 277
- ↑ , BRUGMANN Karl e DELBRÜCK, Berthold, Abrégé de grammaire comparée des langues indo-européennes , trad. de Jules Bloch, Albert Cuny e Alfred Ernout, dirixida por Robert Gauthiot e Antoine Meillet, París, Klincksieck, 1905.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarObras selectas de Albert Cuny
editar- (en francés) 1906. Le nombre duel en grec, Parigi, Klincksieck.
- (en francés) 1914. "Notes de phonétique historique. Indo-européen et sémitique." Revue de phonétique 2:101–132.
- (en francés) 1924. Etudes prégrammaticales sur le domaine des langues indo-européennes et chamito-sémitiques. París: Champion.
- (en francés) 1924, en colaboración con Michel Féghali. Du genre grammatical en sémitique. París: Geuthner.
- (en francés) 1930 La catégorie du duel dans les langues indo-européennes et chamito-sémitiques, Bruxelles, Lamertin,
- (en francés) 1943. Recherches sur le vocalisme, le consonantisme et la formation des racines en « nostratique », ancêtre de l'indo-européen et du chamito-sémitique. París: Adrien Maisonneuve.
- (en francés) 1946. Invitation à l'étude comparative des langues indo-européennes et des langues chamito-sémitiques. Bordeos: Brière.
Outras obras citadas
editar- Benveniste, Émile. 1935. Origines de la formations des noms en indo-européen. París: Adrien Maisonneuve.
- Faral, Edmond. 1947. "Éloge funèbre de M. Albert Cuny." Comptes-rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres 91.2, 277-279.