Escola neogramática
Os Neogramáticos (en alemán Junggrammatiker) foron un grupo de lingüistas alemáns da Universidade de Leipzig que, a finais do século XIX, deron un notábel impulso ao desenvolvemento da indoeuropeística ata chegar a definir unha primeira reconstrución do indoeuropeo, definida nos decenios seguintes como reconstrución "clásica" e definitivamente sintetizada na monumental Grundriß der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen (1897-1916) de Karl Brugmann.
Ao movemento tamén se fai referencia coa expresión Escola neogramática e Escola de Leipzig
Expoñentes da escola
editarOs neogramáticos foron:
- August Leskien (1840–1916).
- Berthold Delbrück (1842–1922).
- Hermann Paul (1846–1921).
- Hermann Osthoff (1847–1909).
- Karl Brugmann (1849–1919).
- Wilhelm Braune (1850–1926).
- Eduard Sievers (1850–1932).
Á escola neogramática tamén se adoitan asociar os estudos de Otto Behaghel, Adolf Noreen e Karl Verner.
Principios teóricos
editarOs Neogramáticos, inspirados polas investigacións contemporáneas no campo da filoloxía xermánica que arribaron á definición da Lei de Grimm e da Lei de Verner, identificaron unha serie de leis que regulaban as relacións fonéticas no paso do indoeuropeo reconstruído ás linguas indoeuropeas históricas; ten especial relevo a Lei de Leskien, segundo a cal o cambio fonético, en igualdade de condicións, se produce sempre co mesmo resultado, sen excepcións. Ademais, os Neogramáticos introduciron tamén os principios, complementarios á Lei de Leskien, da analoxía e do préstamo[1].
Notas
editar- ↑ Francisco Villar, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, pp. 213-221, 340.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarFontes primarias
editar- Brugmann, Karl (1897-1916). Grundriß der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen. Estrasburgo: Trubner (en alemán). pp. 4 vol. Agora en: Brugmann, Karl (1967). Grundriß der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen. Berlín: W. de Gruyter & Co. (en alemán=4 vol.).
Literatura historiográfica
editar- Villar, Francisco (1991). Los Indoeuropeos y los origienes de Europa: lenguaje e historia. Madrid: Gredos (en español). ISBN 8424914716. T
- Watkins, Calvert (1995). "El proto-indoeuropeo". En Anna Giacalone Ramat, Paolo Ramat. Las lenguas indoeuropeas. Madrid: Cátedra. ISBN 84-376-1348-5.