Calvert Watkins
Calvert Watkins, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 13 de marzo de 1933 e finado o 20 de marzo de 2013 nos Ánxeles, foi un filólogo e lingüista estadounidense.
Calvert Watkins | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1933 |
Lugar de nacemento | Pittsburgh, Pensilvania |
Falecemento | 20 de marzo de 2013 |
Lugar de falecemento | Os Ánxeles |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade Harvard |
Ocupación | lingüista, filólogo clásico, profesor universitario e filólogo |
Premios | Goodwin Award, Membro da Academia Britânica, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Bolsa de estudos Guggenheim |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Foi profesor emérito de lingüística e de Filoloxía clásica na Universidade Harvard e tamén “Professor-in-residence” na Universidade de California nos Ánxeles (UCLA).
A súa tese de doutoramento, Indo-European Origins of the Celtic Verb I. The Sigmatic Aorist (Dublin Institute for Advanced Studies, 1962), que reflectía as ideas estruturalista de Jerzy Kuryłowicz, foi a base dunha nova perspectiva na lingüística comparada das linguas célticas e ao estudo do sistema verbal das Linguas indoeuropeas.
Watkins completou as súas contribucións aos estudos sobre a gramática indoeuropea coa publicación da Indogermanische Grammatik III/1: Geschichte der Indogermanischen Verbalflexion (1969). O seu labor sobre o vocabulario e a poética indoeuropea ten producido ata hoxe un amplo número de artigos publicados relativos (entre outras cousas) ás linguas célticas, anatólicas, grega, itálicas e indoiranias, materiais utilizados no posterior libro How to Kill a Dragon: Aspects of Indo-European Poetics (Oxford University Press, 1995).
Ademais contribuíu, no seu ámbito de competencia das linguas indoeuropeas, á primeira edición do The American Heritage Dictionary of the English Language e publicou The American Heritage Dictionary of Indo-European Roots (ISBN 0-618-08250-6).
A súa parella foi a sanscritista Stephanie Jamison.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Ensaio de Calvert Watkins sobre o Indoeuropeo, no “The American Heritage Dictionary of the English Language”. Arquivado 14 de marzo de 2017 en Wayback Machine.
- How to Kill a Dragon: Aspects of Indo-European Poetics, Oxford University Press, II ed. 2000 . limited preview
- Curriculum Vitae na páxina da Universidade Harvard].