Alasdair Fraser
Alasdair Fraser, nado o 14 de maio de 1955 en Clackmannan (Escocia), é un violinista tradicional escocés. É o líder de The Skyedance Bance, que crearon a música para a película Braveheart.[1]
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1955 (69 anos) Clackmannan, Reino Unido (en) |
Actividade | |
Ocupación | violinista |
Instrumento | Violín e fiddle |
Selo discográfico | Narada (pt) |
Sitio web | alasdairfraser.com |
Traxectoria
editarAlasdair Fraser naceu nunha familia de músicos comezou a tocar o violín aos oito anos. En 1973 gañou o concurso de violino do National Mod. Licenciouse en Física pola Universidade de Edimburgo e traballou para a British Petroleum Corporation. En 1981 foise aos Estados Unidos e catro anos máis tarde decide dedicarse á música. En 1983 fundou en California unha escola para aprender violino chamada Val da Lúa e na Illa de Skye mantén un seminario desde 1987, o "Sabhal Mor Ostaig Gaelic College".[2] Gañou en dúas ocasións o Scottish National Fiddle Championship e dirixe a Orquestra de violinistas escoceses de San Francisco. É o propietario de Culburnie Records, compañía que produce os seus discos.
Alasdair Fraser é recoñecido internacionalmente como principal intéprete e profesor de violino tradicional escocés. Ten traballado con The Waterboys e The Chieftains e colaborado en máis de 50 discos como artista convidado, incluíndo composicións e interpretacións súas en recoilatorios de música celta e New Age. A súa música aparece nas bandas sonoras de películas como Titanic, O derradeiro dos mohicanos e Wyatt Earp.
Nos últimos anos está a tentar reconstruír e revivificar a tradición escocesa do violino acompañado do cello.
Discografía
editar- Dawn Dance
- The Driven Bow
- Fire and Grace (álbum a dúo de violino e cello)
- Legacy of the Scottish Fiddle, Vol 1
- Legacy of the Scottish Fiddle, Vol 2
- Portrait of a Scottish Fiddler
- Return to Kintail
- The Road North
Notas
- ↑ Beisswenger, Drew (2011-05-31). North American Fiddle Music: A Research and Information Guide (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-135-84723-4.
- ↑ "Alasdair Fraser Week' celebrating 25 years at Sabhal Mòr Ostaig UHI - Sabhal Mòr Ostaig". www.smo.uhi.ac.uk (en inglés). 2011-07-29. Consultado o 2024-07-19.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Escocia |