Airbus Helicopters H160

O Airbus Helicopters H160 (anteriormente X4) é un helicóptero utilitario mediano desenvolvido por Airbus Helicopters. Lanzouse formalmente o día 3 de marzo de 2015 no Heli-Expo en Orlando, Florida coa intención de substituír os modelos AS365 e EC155 na liña de produtos do fabricante. O 13 de xuño de 2015 realizou o seu primeiro voo e agárdase que as primeiras entregas cheguen no ano 2019.[1]

Airbus Helicopters H160
Maqueta do H160 no Dubai Airshow 2015
Tipohelicóptero utilitario mediano
FabricanteAirbus Helicopters
Primeiro voo13 de xuño de 2015
Estadoen desenvolvemento

Desenvolvemento

editar

O Airbus Helicopters H160 revelouse ao público por vez primeira no ano 2011 e nese momento era coñecido coa designación X4, unha designación que implicaba que era unha continuación do Eurocopter X3, un demostrador tecnolóxico dun helicóptero híbrido de alta velocidade. A principios de 2011 o xefe de Eurocopter Lutz Bertling declarou que o X4 "cambiaría as regras do xogo", contrastando a importancia das innovacións que contaría co desenvolvemento de Airbus nos controis fly-by-wire.[2] As primeiras características referidas incluían as palas do rotor activas Blue Edge, unha funcionalidade avazada de asistencia ao piloto, e vibración reducida.[2] Tamén se destacou a súa cabina de mando "radicalmente diferente" e anunciouse que o X4 sería introducido en dúas etapas: un modelo provisional en 2017 con algunhas das características avanzadas ausente, e un modelo máis avanzado en 2020.[3]

O custo do programa de desenvolvemento do X4 foi de 1 000 millóns de euros, incluso despois de que varias tecnoloxías de vangarda, como os sistemas de control avanzados, atenuáranse ou fosen eliminadas por ser demasiado arriscadas ou caras.[4][5] O 3 de marzo de 2015 o X4 foi desvelado formalmente coa designación H160. Foi comercializado como o sucesor do Eurocopter AS365 Dauphin e compite co AgustaWestland AW139, o Sikorsky S-76 e o Bell 412;[4][6] Guillaume Faury, director de Airbus Helicopters, referiuse ao H160 como "o asasino do AW139".[7][5] O H160 iniciou a nova convención de nomenclatura de Airbus Helicopter; comezando o 1 de xaneiro de 2016, os helicópteros do mesmo rango terán a designación 'H', ao igual que fai Airbus cos nomes dos seus avións comerciais.[8]

Fíxose unha énfase no uso de técnicas de produción e apoio de Airbus como as usadas para avións avanzados de á fixa como o A350 de pasaxeiros;[9] en consecuencia, fabricáronse un par de plataformas de proba para probar por separado a dinámica e os sistemas e así acelerar o proceso de deseño.[5][6] O 29 de maio de 2015 revelouse o primeiro prototipo do H160 na instalacións de Airbus Helicopters en Marignane.[10]

Probas de voo

editar

O 13 de xuño de 2015 o primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea en Marignane. En novembro dese ano a envolvente de voo do prototipo ampliárase progresivamente, chegando a unha altitude máxima de 4 600 metros e a unha velocidade máxima de 324 km/h ata ese momento.[11] O 18 de decembro de 2015 o segundo prototipo, o primeiro H160 equipado con motores Turbomeca Arrano realizou as súas primeiras probas en terra, voando o 27 de xaneiro de 2016 por primeira vez.[12][13]

En novembro de 2015 anunciouse que a certificación do H160 e a súa entrada en servizo con operadores civís agardábanse para 2018; unha versión militar, designada H160M, agardaba a súa entrada en servizo en 2022.[14] En marzo de 2016 o xefe do programa H160 Bernard Fujarski dixo que se conseguiran case todos os fitos establecidos para 2015, agás polo voo de estrea do segundo prototipo, adiado para xaneiro de 2016, e pola validación da configuración aerodinámica do H160.[15] As probas revelaron a necesidade de recolocar algúns sistemas electrónicos á nariz do helicóptero dende a parte traseira da fuselaxe para axustar o centro de gravidade, mentres que o rotor de cola fenestron superara as expectativas de rendemento.[15]

En 2015 Airbus estimou que había mercado para uns 120-150 aparellos anuais; a compañía pretende aumentar inicialmente o ritmo de produción a uns 50 aparellos por ano.[8][14] En xullo de 2016 anunciouse que a configuración aeromecánica do helicóptero conxelárase.[16] A fabricación do primeiro H160 de produción agardábase para 2017 e as primeiras entregas para finais de 2018 ou principios de 2019.[16] A new production scheme, drawing inspiration from the automotive industry, is to be implemented in the H160's construction; it is a stated aim for the final assembly lead time of the new rotorcraft to be half of that of the preceding Dauphin.[15]

En marzo de 2017 o ministro de defensa francés, Jean-Yves Le Drian, anunciou en Marignane que o H160 fora seleccionado como base para o seu programa de substitución de helicópteros lixeiros, o hélicoptère interarmées léger (HIL), con entre 160 e 190 requiridos a partir de 2024 para substituír 420 aeronaves: Alouette III, SA 365 Dauphin e AS565 Panther da Armada, AS555 Fennec e SA330 Puma da Forza Aérea; e Puma, SA341/SA342 Gazelle e Fennec do Exército.[17]

En outubro de 2017 os dous primeiros prototipos acadaran as 500 horas de probas de voo e o terceiro realizou o seu voo de estrea ese mesmo mes.[18][19] En 2018 10 helicópteros de preserie foron montados antes da certificación e das entregas en 2019, e estábase buscando aumentar a produción a 50 aparellos por ano.[20] O primeiro H160 de serie realizou o seu voo de estrea o 14 de decembro de 2018.[21] O seu turboeixo Safran Arrano recibiu a certificación de tipo durante o Paris Air Show de xuño de 2019,[22] antes da aprobación da EASA para o H160 outorgada en xullo de 2020.[23] A certificación da FAA estadounidense tería que esperar ata o ano 2023.[24]

  1. "In-development H160 is on performance, Airbus says". Vertical. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Eurocopter X4 promises technical tour-de-force". FlightGlobal. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  3. "Eurocopter plans next-generation X4 helicopter". New Atlas. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Airbus Removes Veil From H160 Project". Aviation Week Network. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Airbus Helicopters H160: The Evolutionary Successor". Seeking Alpha. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 "Airbus Helicopters Unveils H160 Medium Twin". AINonline. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  7. "Airbus Helicopters targets AW139 with new H160". FlightGlobal. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 "Heli-Expo 2015: Introducing the H160". Shephard. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  9. "Revolution underpins new H160 helicopter". FlightGlobal. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  10. "Airbus Helicopters unveils H160 prototype". Vertical. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  11. "Airbus H160 Makes Dubai Show Debut". Aviation Week. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  12. "Airbus Helicopters’ second H160 prototype takes off". Emergency Live. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  13. "H160 helicopter flight test programme moves up a notch". AeronewsTV. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2018. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  14. 14,0 14,1 "Airbus Helicopters speeds progress on H160". FlightGlobal. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  15. 15,0 15,1 15,2 "H160 Flight Testing Benefitting From New Tools". AINonline. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  16. 16,0 16,1 "H160 configuration frozen, but first delivery may slip". Flightglobal.com (en inglés). 2016-07-28. Consultado o 2018-11-19. 
  17. "France selects H160 for light helicopter replacement programme". Flightglobal.com (en inglés). 2017-03-03. Consultado o 2018-11-19. 
  18. "H160's maximum take-off weight finally confirmed". Flightglobal.com (en inglés). 2017-10-03. Consultado o 2018-11-19. 
  19. "Airbus Helicopters flies third H160 prototype". Flightglobal.com (en inglés). 2017-10-13. Consultado o 2018-11-19. 
  20. "First Airbus Helicopters H160 Coming Together". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2018-11-19. 
  21. Perry, Dominic. "PICTURE: First serial H160 helicopter takes flight". Flight Global (en inglés). Consultado o 2023-07-09. 
  22. Perry, Dominic. "PARIS: Safran secures Arrano engine approval". Flight Global (en inglés). Consultado o 2023-07-09. 
  23. "EASA.R.516 - H160". EASA (en inglés). Consultado o 2023-07-09. 
  24. Perry, Dominic. "FAA finally grants certification to Airbus Helicopters H160". Flight Global (en inglés). Consultado o 2023-07-09.