Airbus A321

avión de pasaxeiros
(Redirección desde «Airbus A321LR»)

O Airbus A321 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. É unha versión alongada do A320 con cambios mínimos. A superficie alar alongouse lixeiramente e o tren de aterraxe reforzouse. É propulsado por motores CFM56 ou V2500.

Airbus A321
TipoPasaxeiros
FabricanteAirbus
Primeiro voo11 de marzo de 1993
Introducidoxaneiro de 1994 (Lufthansa)
Estadoen servizo
Principais usuariosAmerican Airlines
China Southern Airlines
Delta Air Lines
China Eastern Airlines
Produción1992 - 2021 (A321ceo)
2016 - presente (A321neo)
Unidades construídas2 462 (xaneiro de 2022)

Algunhas compañías elixiron este avión en vez do Boeing 757, xa que ten a mesma capacidade e comparte comunalidade cos outros avións da familia: o A318, o A319 e o A320. Isto inclúe os avanzados mandos fly-by-wire, o que permite que os pilotos dun tipo de avión poidan pilotar os outros con só un par de horas de adestramento.

O alcance con 186 pasaxeiros na configuración típica de 2 clases é de 4 300 km para a versión A321-100, mentres que na 200, debido á súa maior capacidade de combustible, esta cifra aumenta ata os 5 500 km.

Desenvolvemento

editar

O programa A321 comezou no ano 1989 a partir do Airbus A320, sendo o seu primeiro derivado e coñeceuse tamén como Stretched A320, A320-500 e A325.[1][2] Foi lanzado o 24 de novembro de 1988 despois de que se asegurasen compromisos por 183 avións para 10 clientes.[1][3]

O A321 realizou o primeiro voo o 11 de marzo de 1993 cun prototipo equipado con motores IAE V2500. O segundo prototipo, con turboventiladores CFM56-5B, voou en maio de 1993. O avión conseguiu a súa certificación europea en decembro dese ano. Lufthansa e Alitalia foron as primeiras aeroliñas en pedir o A321, con 20 e 40 avións pedidos respectivamente. O primeiro dos A321 de Lufthansa con motores V2500-A5 chegou o 27 de xaneiro de 1994, mentres que Alitalia recibiu o seu primeiro avión con motores CFM56-5B o 22 de marzo de 1994.[4] O A321-100 entrou en servizo en xaneiro de 1994 con Lufthansa.

A montaxe final do A321 realízase en Alemaña, sendo o único Airbus que se monta alí.[5] Isto debeuse a unha disputa entre os franceses, que afirmaban que a mudanza tería un custe innecesario de 135 millóns de euros en gastos asociados coa nova planta,[1] e os alemán, que dicían que sería máis produtivo para Airbus a longo prazo. A segunda liña de produción situouse en Hamburgo, que posteriormente produciu os máis pequenos Airbus A319 e A318. Por primeira vez, Airbus entrou no mercado de bonos, a través do cal recadou 475 millóns de euros para financiar custos de desenvolvemento.[3] Airbus conseguiu 175 millóns adicionais prestados polo Banco Europeo de Investimento e investidores privados.[6]

En comparación co A320, o cambio máis importante do A321 é a súa fuselaxe máis alongada, con novas seccións nas partes dianteira e traseira que lle dan 6,93 metros máis de longo. Outros cambios son o reforzo do tren de aterraxe para facer fronte un maior peso, motores máis potentes, un sistema de combustible simplificado e mellorado e pneumáticos máis grandes para mellores freadas. As súas ás lixeiramente modificadas danlle un comportamento moi semellante ao do A320 tendo un pilotaxe case idéntico ao deste modelo e ao A319.

O A321-100 básico ten un menor alcance que o A320 ao non engadírselle un tanque de combustible extra no deseño inicial para compensar o aumento de peso. Airbus desenvolveu o máis pesado A321-200 en 1995 para suplir esta redución de alcance, e conseguiu unha variante capaz de atravesar o océano Atlántico. Isto logrouse con motores con máis pulo (V2533-A5 ou CFM56-5B3), reforzos estruturais menores, e unha maior capacidade de combustible coa instalación dun depósito de 2 900 litros (coa opción de instalar un segundo).

Variantes

editar

A321-100

editar

O derivado orixinal do A321, o A321-100, tiña menor alcance que o A320 debido a que non se lle engadiu ningún tanque extra de combustible para compensar o incremento de peso. O peso máximo de engalaxe (MTOW) do A321-100 é de 83 000 kg. O A321-100 entrou en servizo con Lufthansa en 1994. Só se fabricaron unhas 90 unidades, e unhas poucas delas foron posteriormente convertidas á variante A321-200.[7]

A321-200

editar

Airbus comezou a desenvolver o máis pesado e con maior alcance A321-200 en 1995 para darlle ao A321 un rango transcontintental completo nos Estados Unidos. Isto conseguíuse con motores máis potentes (V2533-A5 ou CFM56-5B3), un menor reforzo estrutural, e un incremento na capacidade de combustible coa instalación de un ou dous tanques opcionais de 2 990 litros na bodega traseira.[8] Estes tanques incrementaban a capacidade total ata os 30 030 l. Estas modificacións tamén incrementaron o MTOW do A321-200 ata os 93 000 kg. Esta variante voou por vez primeira en decembro de 1996, e entrou en servizo con Monarch Airlines en abril de 1997. Os seus competidores directos son o 757-200 e o 737-900/900ER.

A321neo

editar
 
A321neo de Arkia

O 1 de decembro de 2010, Airbus lanzou a familia A320neo (neo de New Engine Option) cun alcance 930 km maior e un 15% máis de eficiencia no consumo de combustible, grazas aos novos motores CFM International LEAP-1A ou Pratt & Whitney PW1000G e aos seus sharklets máis grandes.[9] O alongado prototipo do A321neo voou por vez primeira o 9 de febreiro de 2016.[10] Conseguiu a súa certificación o 15 de decembro de 2016[11] e entrou en servizo en maio de 2017 con Virgin America.[12]

A321LR

editar

En outubro de 2014 Airbus comezou a comercializar unha variante de máis alcance cun peso máximo de engalaxe de 97 toneladas con tres tanques de combustible adicionais, dándolle 190 km máis de alcance que o Boeing 757-200.[13] Airbus lanzou o A321LR (Long Range) o 13 de xaneiro de 2015; ten un alcance de 7 400 km con 206 asentos en dúas clases.[14][15] O 31 de xaneiro de 2018 a variante realizou o seu primeiro voo.[16] Airbus anunciou a súa certificación o 2 de outubro dese ano.[17] O 13 de novembro de 2018 Arkia recibiu o primeiro A321LR.[18]

A321XLR

editar

En xaneiro de 2018 Airbus estaba estudando unha variante A321LR con aínda máis MTOW.[19] O proposto A321XLR, cun alcance de 8 300 km, foi lanzado oficialmente o 17 de xuño de 2019 no Paris Air Show e agárdase que entre en servizo en 2023 para competir co Boeing NMA.[20] O avión terá un tanque central traseiro permanente para almacenar máis combustible, permitíndolle 1 300 km máis de alcance que o A321LR, un tren de aterraxe reforzado para un MTOW de 101 toneladas, e unha configuración optimizada de flaps do bordo de arrastre para preserbar o rendemento nas engalaxes.[21]

Operadores

editar

Maiores operadores do A321 ordenados polo número de aeronaves operativas (outubro de 2022).[22][23]

  1. 1,0 1,1 1,2 Norris & Wagner 1999, p. 50
  2. Laming, Tim (2000). Airbus A320. Osceola, WI: MBI Pub. ISBN 0-7603-0902-7. OCLC 44631650. 
  3. 3,0 3,1 Reed, Arthur (1991). Airbus : Europe's high flyer. St. Gallen, Switzerland: Norden Pub. House. ISBN 3-907150-10-4. OCLC 26782431. 
  4. Civil aircraft today : the world's most successful commercial aircraft. Londres: Amber Books. 2008. p. 25. ISBN 978-1-905704-86-6. OCLC 255970386. 
  5. Sebdon, Gilbert (7 de febreiro de 1990). "A321 victory for West Germany". Flight International.
  6. Norris & Wagner 1999, p. 52
  7. "Airbus A321-100 Production List". www.planespotters.net. Consultado o 2022-02-19. 
  8. Gunston, Bill (2009). Airbus : the complete story (2nd ed ed.). Sparkford, Yeovil, Somerset: Haynes Pub. pp. 213–215. ISBN 978-1-84425-585-6. OCLC 421811014. 
  9. "Airbus offers new fuel saving engine options for A320 Family - Airbus Press release". web.archive.org. 2016-04-09. Archived from the original on 09 de abril de 2016. Consultado o 2022-02-19. 
  10. "Airbus A321neo completes first flight after engine switch". Reuters (en inglés). 2016-02-09. Consultado o 2022-02-19. 
  11. "Airbus A321neo with P&W; engines receives Type Certification - Airbus Press release". web.archive.org. 2017-01-11. Archived from the original on 11 de xaneiro de 2017. Consultado o 2022-02-19. 
  12. "Airbus delivers first ever A321neo to Virgin America". www.airbus.com (en inglés). Consultado o 2022-02-19. 
  13. "Exclusive: Airbus launches "A321neoLR" long range to replace 757-200W". Leeham News and Analysis (en inglés). 2014-10-21. Consultado o 2022-02-22. 
  14. Polek, Gregory. "Airbus Launches Long-Range A321neo". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2022-02-22. 
  15. "Airbus Launches Long-Range A321neo Version". Aviation Week Network. Consultado o 2022-02-22. 
  16. "Airbus A321LR long-range jet completes maiden flight". Reuters (en inglés). 2018-01-31. Consultado o 2022-02-22. 
  17. "EASA and FAA certify long-range capability for A321neo". Airbus (en inglés). 2021-10-28. Consultado o 2022-02-22. 
  18. Kaminski-Morrow, David. "Arkia chief: A321LR first single-aisle to beat 757-300 economics". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-22. 
  19. "Airbus Studying Higher-Capacity A321neo | Aviation Week Network". aviationweek.com. Consultado o 2022-02-22. 
  20. "Business Aviation 2000-03-20". Aviation Week Network. Consultado o 2022-02-22. 
  21. "Airbus launches longest range single-aisle airliner: the A321XLR". Airbus (en inglés). 2021-10-28. Consultado o 2022-02-22. 
  22. "Airbus orders and deliveries". Airbus. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2017. Consultado o 2018-11-30. 
  23. "Airbus A320 Family (A318/A319/A320/A321) Operators". www.planespotters.net. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-18. 

Bibliografía

editar
  • Norris, Guy; Wagner, Mark (1999). Airbus. St. Paul, Minnesota: MBI Publishing. ISBN 0-7603-0677-X.