Ahmed Ibn Majid

Ahmed Ibn Majid, nado na rexión de Julphar coñecida hoxe como Ras el Khaimah, un dos Emiratos árabes, en 1432, foi un poeta, navegante e cartógrafo árabe. Foi educado nunha ilustre familia de mariños e gozou da reputación de ser un experto no océano Índico. Era tan célebre, que foi considerado como o maior dos navegantes árabes.

Ahmed Ibn Majid
Nacemento1432
 Ras al-Jaimah
Falecemento1500
RelixiónIslam
Ocupaciónxeógrafo, cartógrafo e escritor
editar datos en Wikidata ]
Fragmento dunha obra de Ahmed Ibn Majid.

TraxectoriaEditar

TraballosEditar

Escritor famoso, deixou escritos máis de trinta tratados en prosa e en verso. Sintetizou os coñecementos antigos e forneceu informacións novas sobre os problemas de navegación e de astronomía náutica. O seu libro máis importante foi: Kitab al-Fawa’id fi Usul ‘Ilm al-Bahr wa ’l-Qawa’id (Libro de información útil sobre os principios e as regras de navegación) que escribiu en 1490. Era unha enciclopedia de navegación que describía a historia e os principios das bases da navegación, as fases lunares etc.

Tamén redactou un tratado sobre a navegación no océano Índico, o mar Vermello, o golfo Pérsico e o mar da China.

Escribiu varios libros sobre ciencia mariña e o comportamento dos barcos en mar aberto, que serviron de axuda aos mariños do golfo Pérsico a alcanzar as costas indias e a África Oriental. O seu libro sobre oceanografía, Fawa'dh fi-Usl Ilm al-Bahr wa-al-Qawaidah é polo xeral considerado como un dos mellores libros de navegación.

Ruta á IndiaEditar

A finais do século XV, Vasco da Gama buscando un mariño experimentado para atinxir a India, pediu un piloto en Melinde (porto na Kenya actual), o rei de Melinde ofreceulle un tal Malemo Caná (designase con este nome na obra do cronista portugués João de Barros), que serviu de piloto aos portugueses para chegar ata o porto indio de Calcuta, no Sur da India, onde tamén axudou a Vasco da Gama nos primeiros contactos con as autoridades daquela cidade. Investigadores posteriores identifican a Malemo Caná con Ahmed ibn Majid.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar