Aguia manchada

ave rapaz

A aguia manchada ou aguia pintada (Aquila clanga) é unha ave rapaz.

Aguia manchada

Na India
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Neoaves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Subfamilia: Buteoninae (disputado)
Xénero: Clanga
Especie: C. clanga
Nome binomial
'Clanga clanga'
Pallas, 1811
Cría (verde claro) e inverno (azul)
Cría (verde claro) e inverno (azul)

Cría (verde claro) e inverno (azul)
Sinonimia

Aquila clanga

Morfoloxía e Hábitos editar

É unha aguia cunha lonxitude de entre 55–69 cm, unha envergadura entre 153–177 cm e cun peso entre 1600 e 2300 gramos. De cor parda escura uniforme, os xoves son máis negros e con manchas pálidas. As femias son idénticas ós machos. Existe a variante Fulvescens, que é de ton máis clara.

Aliméntase de roedores, anfibios, aves de gran tamaño (galiñolas, parrulos, corvos) e insectos. O seu hábitat máis habitual en Europa son as fragas extensas con presenza de lagos ou pantanos. Caza con frecuencia na auga ou nas súas proximidades. Esporadicamente consome calaza.

Reprodución editar

 
Clanga clanga

A cría realizase en Europa entre os meses de maio e xullo. A posta consiste en dous ou tres ovos cun tempo de incubación de 42-44 días. Os polos permanecen no niño entre 60-65 días.

Distribución editar

Dende maio a outubro permanece en Europa, concretamente Rusia, Países Bálticos, Belarús e o sueste de Finlandia. Esporadicamente, observable durante a migración, no Cáucaso, Turquía e Oriente Medio (Israel, Siria, Líbano). Iverna en Iraq, Irán, Delta do Nilo e outras parte de Exipto e zonas húmidas moi localizadas do Sur de Europa: Sur de Grecia, Desembocadura do río Po, a Camarga, Rexión de Bordeos ou en Doñana.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest (en castelán).