Aguia imperial ibérica

(Redirección desde «Aguia imperial»)

A aguia imperial ibérica[2] (Aquila adalberti) é unha especie de ave falconiforme da familia Accipitridae.

Aguia imperial ibérica

Exemplar novo
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: 'Aquila'
Especie: A. adalberti
Nome binomial
'Aquila adalberti'
C. L. Brehm, 1861
Distribución
Distribución

Distribución
Sinonimia

Aquila heliaca adalberti

Aquila adalberti

Hábitat e comportamento

editar

Trátase dunha ave territorial que adoita asentarse nun mesmo territorio durante anos. Estes territorios adoitan gozar dun bo estado de conservación, sobre todo en canto a calidade das masas forestais autóctonas e a súa extensión. A alimentación baséase case en exclusividade en perdices, coellos e lebres.

Subespecies

editar

Ata fai pouco tempo, A aguia imperial ibérica, foi considerada como unha subespecie da aguia imperial (Aquila heliaca), pero estudos de ADN demostraron que eran especies separadas.

Reprodución

editar

A aguia imperial ibérica é unha especie monógama que acada a madurez sexual ós 3-4 anos. O período de celo ten lugar entre os meses de xaneiro e abril, sendo a posta dun a catro ovos. Porén o máis común é que só un dos polos sobreviva. Este é expulsado do niño e do territorio tras sete ou oito meses de vida.

Distribución

editar

A aguia imperial ibérica distribúese polo centro e sur-oeste da Península Ibérica. Trátase dunha especie considerada en perigo de extinción. Así no ano 1991 estimábanse 126 parellas, no 1999, no que se iniciaron os censos anuais da especie, contabilizábanse 132 parellas. Ademais do impacto derivado da actividade humana (caza, espolio de niños, envelenamentos ou deforestación)), a especie sufriu severamente o emprego masivo de produtos fitosanitarios, coma o DDT, que provocaban intoxicacións e mortes de individuos ou ben esterilidade nas parellas reprodutoras[3]. Para reverter esta situación creouse un plan de recuperación específico para a especie, co obxectivo de acadar as 500 parellas. Este é o límite que se considera necesario para situar a especie fóra de perigo de extinción. Grazas a esta iniciativa, no ano 2013 acadáronse as 407 parellas. Distribuíndose do seguinte xeito: Castela A Mancha 150 parellas, Andalucía 91, Castela e León 56, Estremadura 50, Madrid 49 e Portugal 11 parellas [4].

  1. BirdLife International (2013). "Aquila adalberti". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  3. El aguila imperial: camino del exterminio. Jose Luis Rodriguez, Antena Semanal, 13 de maio de 1990 (en castelán)
  4. Revista Quercus. Caderno 333, Novembro 2013 (en castelán)