Agnes Pockels

química alemá

Agnes Luise Wilhelmine Pockels, nada en Venecia o 14 de febreiro de 1862 e finada en Brunswick o 21 de novembro de 1935, foi unha científica e enxeñeira química, pioneira no campo da tensión superficial e as monocapas.[1][2]

Infotaula de personaAgnes Pockels

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1862 Editar o valor em Wikidata
Venecia Editar o valor em Wikidata
Morte21 de novembro de 1935 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Braunschweig Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Braunschweig Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica , química Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFriedrich Pockels (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Agnes Pockels naceu en 1863 en Venecia, na actual Italia. O seu pai serviu no exército austríaco e cando caeu enfermo de malaria, a familia mudouse a Brunswick, Baixa Saxonia, en 1871.

Agnes case non tivo acceso á educación formal,[3] dedicándose principalmente a tarefas de coidados, tanto a coidar dos seus pais como do seu irmán máis novo.[4] Aínda así, tivo grandes contribucións á ciencia, principalmente no campo da tensión superficial.

Desde nena tivo grande interese nas ciencias naturais, principalmente na física, gusto que adquiriu mentres estudaba no Instituto Municipal para Nenas en Brunswich, estudos que compaxinou co traballo nas tarefas de casa. Estes foron os únicos estudos formais que realizou, pois ao acabar o instituto en Alemaña as mulleres non tiñan acceso a universidade,[4] e despois (cando empezaron a ter acceso) os seus pais non a deixaron ir. Foi só a través do seu irmán máis novo, Friedrich Carl Alwin Pockels, quen estudou na famosa Universidade de Gotinga, que tivo acceso á literatura científica.

Agnes Pockels experimentou co que tiña a man, a auga de fregar os pratos da súa propia cociña,[3] e así descubriu a influencia das impurezas na tensión superficial dos líquidos. Para medir a tensión superficial, deseñou e perfeccionou o seu propio instrumental e o seu método cuantitativo para medir o tamaño das moléculas e a tensión superficial de monocapas de aceites, graxas e xabóns, co que logrou unha gran precisión.[5] Este instrumental coñécese como a cubeta de Pockels, precursora da de Irving Langmuir e a súa colaboradora, Katharine Blodgett. En 1932 Langmuir obtivo o Nobel de Química polas súas investigacións na química de superficies, para o que utilizou unha cubeta perfeccionada da deseñada e utilizada por Agnes Pockels, a quen non se recoñeceu o seu traballo.[3][4][5]

O seu irmán Friedrich, animouna a buscar o recoñecemento de John William Strutt (1842-1919), tamén coñecido como Lord Rayleigh. Así, en 1891, Agnes envioulle os resultados do seu traballo autodidacta e Lord Rayleigh, impresionado polo seu traballo, brindoulle o apoio que necesitaba para publicar o seu primeiro traballo na prestixiosa revista científica Nature.[4][6] Neste traballo Agnes establecía as bases da investigación cuantitativa das películas superficiais, un novo campo científico.[3][4]

Despois disto recibiu unha invitación da Universidade de Gotinga para facer uso do seu laboratorio de física, invitación que non puido aceptar polas súas responsabilidades familiares.[4] Aínda así, Agnes Pockels seguiu publicando até 1933, dúas veces máis na revista Nature (en 1892 e 1894), e tamén en revistas de divulgación científica alemás, como Naturwissenschaftlichen Rundschau. Ademais mantivo correspondencia con científicos da época como Georg Hermann Quincke, Herbert Teubner, Arnold Sommerfeld ou Charles Galton Darwin.[4]

Recoñecementos editar

1931: Premio Laura Leonard da Kolloid Gesellschaft, concedido xunto a Henri Devaux.

1932: Doutoramento honoris causa pola Universidade Politécnica de Brunswick. O primeiro concedido a unha muller en enxeñaría, concedido como inventora do método cuantitativo para medir a tensión superficial.

Notas editar

  1. "Agnes Pockels. Life, Letters and Papers" (PDF). Consultado o 8/2/2020. 
  2. "Descubre a la ingeniera química del agua de fregar" (en castelán). Universidade de Valencia. Arquivado dende o orixinal o 28/05/2017. Consultado o 8/2/2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 García Dauder, S.; Pérez Sedeño, Eulalia (2017). Las 'mentiras' científicas sobre las mujeres. Catarata. p. 70-73. ISBN 978-84-9097-265-6. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Agnes Pockels, la química física del agua de fregar | Vidas científicas | Mujeres con ciencia". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 16/11/2018. 
  5. 5,0 5,1 "Entre pompas de jabón: la tensión superficial y otras tensiones de Agnes Pockels". Pikara Magazine (en castelán). Consultado o 16/11/2018. 
  6. Pockels, Agnes (1891). "Surface Tension". Nature (41). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Charles Tanford, Ben Franklin stilled the waves: An informal history of pouring oil on water with reflections on the ups and downs of scientific life in general, Oxford University Press, 2004, Capítulo 11.
  • Andrea Kruse e Sonja M. Schwarzl: Zum Beispiel Agnes Pockels. In: Nachrichten aus der Chemie, 06, 2002.