Aftonio de Antioquía (en grego grego: Ἀφθόνιος Ἀντιοχεὺς ὁ Σύρος [1]), fins do século IV, retórico grego, foi discípulo de Libanio, mestre de retórica en Atenas e o famoso autor do libro de texto do terceiro nivel de ensino da lingua e a literatura grega en Bizancio, ao que se chegaba entre os 13 e 15 anos. Fixéronse famosos os seus catorce Progymnásmata (ou Exercicios de retórica), unha compilación de exercicios que abarcaban os distintos xéneros da composición retórica de discursos. Tamén escribiu corenta fábulas esópicas.

Infotaula de personaAftonio
Nome orixinal(grc) Ἀφθόνιος Ἀντιοχεὺς ὁ Σύρος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor em Wikidata
Antioquía do Orontes Editar o valor em Wikidata
Morteséculo IV Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónretórico , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século IV Editar o valor em Wikidata)
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dos tres escritores desta obra, Aftonio é o último pola súa cronoloxía. Esta situación revela o seu lugar nunha tradición de retórica moi homoxénea e ben acreditada na práctica escolar durante unha longa etapa educativa, que vai desde o maxisterio de Teón (s. I) e logo Hermóxenes de Tarso (160-230) aos textos de Aftonio. Este escribe a finais do século IV ou comezos do V, e foi discípulo de Libanio, o prolífico orador e sofista, amigo do emperador Xuliano o Apóstata.

Segundo nos transmite Focio, chegou a ler as súas Declamationes, hoxe perdidas, polo que só nos chegou este opúsculo de retórica e unhas cantas fábulas de tipo esópico. A Suda di del que foi sofista e que compuxo os seus Progymnásmata para a Retórica de Hermóxenes de Tarso. A súa obra encaixa moi ben na continuación das definicións e análises literarias de Hermóxenes, xa que trata dos mesmo tópicos e temas que aquel, nesa mesma liña da preceptiva retórica.

Moitas definicións coinciden nos textos de todos os tratadistas retóricos, pero Aftonio engade claros exemplos, tratando de elementos da composición retórica ou literaria, como son as fábulas, as chríai, as sentenzas, os lugares comúns, os trazos do encomio, os do vituperio, etc.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Teón. Hermógenes. Aftonio. Ejercicios de retórica. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1469-1. 
  • Hausrath, A. y Hunger H. Corpus Fabularum Aesopicarum. Leipzig, 1959, 1.2, p. 133, Bibliotheca scriptorum Graecorum et Romanorum Teubneriana, Leipzig y Stuttgart (Munich y Leipzig desde 1999). 
  • Rabe, H. . Leipzig, 1926, Bibliotheca scriptorum Graecorum et Romanorum Teubneriana, Leipzig y Stuttgart (Munich y Leipzig desde 1999). 

Ligazóns externas editar