Teón de Alexandría
Teón de Alexandría (en grego antigo Θέων ο Αλεξανδρεύς), 335 d.C. - 405 d.C., foi un matemático, astrónomo e mestre grego, o último director da Biblioteca de Alexandría, e pai de Hipatia.[1]
Teón de Alexandría | |
---|---|
Nacemento | c. 335 |
Lugar de nacemento | Alexandría e Imperio Romano |
Falecemento | c. 400 |
Lugar de falecemento | Alexandría |
Ocupación | matemático, bibliotecario e astrónomo |
Fillos | Hipatia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O último filósofo da segunda Biblioteca de AlexandríaEditar
Estableceuse na cidade exipcia de Alexandría, xa nos derradeiros anos do período helenístico, onde escribiu un vasto comentario do Almaxesto de Tolomeo e dunha Catóptrica, que estaba baseada en obras de Arquimedes e de Herón. Tamén se lle atribúe a refundición da teoría dos Elementos e da Óptica de Euclides.
Teón foi o último director ou conservador da denominada segunda Biblioteca de Alexandría (edificio que estaba dentro do Museo de Alexandría; Teón é cualificado na Suda como o home do Museo). Deu á súa filla Hipatia unha educación completa en matemáticas, astronomía, filosofía e, incluso, educación física. Pai e filla colaboraron xuntos no comentario do Almaxesto.
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Schiano, C. "Teone e il Museo di Alessandria", Quaderni di storia 55, páxs. 129-143.
- Teón. Hermógenes. Aftonio (1991): Ejercicios de retórica. Madrid: Editorial Gredos ISBN 978-84-249-1469-1
- Tihon, Anne: Le 'Grand commentaire' de Théon d'Alexandrie aux 'Tables faciles' de Ptolémée, Livre I, Città del Vaticano 1985; Livre II, III, Città del Vaticano 1991.
p. 357.
- Tihon, Anne (1999): "Theon of Alexandria and Ptolemy's Handy Tables", in Ancient Astronomy and Celestial Divination. Dibner Institute studies in the history of science and technology. Edited by N. M. Swerdlow. Cambridge, MA: MIT Press, páx. 357.
- Toomer, G. J.: "Theon of Alexandria," in Dictionary of Scientific Biography, 13: 321–325.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F.: "Theon of Alexandria", MacTutor History of Mathematics archive, University of St Andrews (en inglés)