Abrir o menú principal

Ágora (filme)

filme de 2009 dirixido por Alejandro Amenábar

Ágora é un filme dirixido por Alejandro Amenábar que foi estreado no 2009. É un drama histórico sobre a vida de Hipatia (Rachel Weisz), unha matemática, filósofa e astrónoma do Exipto Romano do século IV.

Ágora
Ficha técnica
Título orixinalÁgora
DirectorAlejandro Amenábar
ProdutorFernando Bovaira
Álvaro Augustin
GuiónAlejandro Amenábar
Mateo Gil
IntérpretesRachel Weisz
Max Minghella
MúsicaDario Marianelli
FotografíaXavi Giménez
MontaxeNacho Ruiz Capillas
DistribuidoraFocus Features
Newmarket Films
Telecinco Cinema
Estrea2009
Duración126 minutos
OrixeEspaña
XéneroHistórico, Drama
Orzamento$70 000 000[1] (€ 50 000 000)
Recadación$37 828 420

ArgumentoEditar

No século IV, Exipto era unha diocese do Imperio Romano, dependente directamente de Roma. A súa capital, Alexandría, convertérase no derradeiro baluarte dun mundo en crise, confuso e violento. No ano 391, as continuas revoltas das rúas, ocasionadas polos cristiáns contra xudeus e pagáns, alcanzaron unha das súas institucións máis lendarias: a Biblioteca de Alexandría. Atrapada tras os seus seus muros, a brillante astrónoma Hipatia (Rachel Weisz), loita por salvar a sabedoría do mundo antigo, sen percibir que o seu escravo, o mozo Davo, se debate entre o amor que lle profesa en segredo e a liberdade que podería acadar uníndose ao imparable ascenso do Cristianismo.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

  • 2009: 7 Premios Goya, incluíndo mellor guión orixinal e fotografía. 13 nomeamentos.

NotasEditar

Véxase taménEditar