Afrika Bibang

cantante española


Afrika Bibang, nada no barrio getxotarra de Algorta en 1975, é unha cantante española de ascendencia ecuatoguineana. É a primeira artista negra en cantar en éuscaro,[1] e irmá do tamén músico Gutxi Bibang.[1]

Infotaula de personaAfrika Bibang

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Algorta, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Membro de
Etsaiak (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoSoul Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Badok: afrika Musicbrainz: 268ca7bb-a2f7-4d78-a1db-10f1234ce6cc Songkick: 37140 Allmusic: mn0001872774 Musikasten: afrika-bibang Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os pais son orixinarios da Guinea Ecuatorial. Xa na súa infancia estivo influenciada pola música tradicional africana por parte da súa familia, con quen fala a lingua fang.[2]. Tamén escoitaba música negra, entre outros estilos, soul, reggae e jazz.[3]

Estudou no modelo A, mais con 14 anos empezou a aprender éuscaro na Alfabetatze Euskalduntze Koordinakundea, a Coordinadora de Euskaldunización e Alfabetización. Comezou a carreira de Dereito, mais abandonouna para dedicarse á música.[1]

Carreira musical editar

En 1993 comezou no grupo de reggae Ke No Falte, e durante varios anos formou parte da banda Etsaiak, de Lekeitio.[4] Tamén tivo colaboracións co Grupo Brigadier. A primeira foi o Sound System.

En 2004 publicou o seu primeiro disco en solitario, Entzun, impulsada por Fermin Muguruza.[3] En 2008 comezou a cantar con Calima, unha banda que fusiona, entre outros estilos, o jazz e o flamenco.[5]

Viviu e actuou varios anos en cidades como París, Londres ou Varsovia, e en países como o Líbano, o Xapón ou a China.[6] En 2019, de regreso en Euskadi, editou o seu disco Nomada, con ritmos de soul, R&B e hip hop.[6] As súas composicións, en éuscaro, castelán e inglés, teñen contido social e cultural.[7][8]

Discografía editar

  • Entzun (2004, Metak)[9]
  • Nomada (2019, Airaka)[10]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar