Afonso Sanchez
Afonso Sanchez, nado en Cerva (Vila Real) o 24 de maio de 1289 e finado en Escalona (provincia de Toledo) o 2 de novembro de 1329, foi un infante e trobador portugués, fillo bastardo do rei don Dinís.
Afonso Sanchez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de maio de 1289 |
Lugar de nacemento | Cerva |
Falecemento | 2 de novembro de 1329 (40 anos) |
Lugar de falecemento | Escalona |
Nacionalidade | Reino de Portugal |
Ocupación | trobador e poeta |
Pai | Dinis de Portugal |
Nai | Aldonça de Sousa |
Fillos | João Afonso de Albuquerque |
Irmáns | Constança de Portugal, Don Pedro, conde de Barcelos e Afonso IV de Portugal |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Grazas a que a raíña Isabel chamou a todos os fillos do rei para a corte, tivo unha educación de calidade e o aprecio do rei, que o recoñeceu como lexítimo o 8 de maio de 1304, e o nomeou mordomo da coroa, unha especie de primeiro ministro, provocando os celos do herdeiro da coroa, Afonso. Isto levou á guerra civil (1319-1324) e á tentativa de Afonso Sanchez de invadir Portugal dende Castela, onde estaba exiliado e tiña o título de señor de Albuquerque, construíndo un castelo no que Inés de Castro viviu varios anos.
Distinguiuse como trobador e consérvanse 15 cantigas súas, a maioría de amor, nun estilo moi culto.
Véxase tamén editar
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Afonso Sanches |
Bibliografía editar
- "Afonso Sanchez". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 13. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 22. ISBN 84-8288-019-5.