Afonso Ribas

economista e editor galego

Afonso Ribas Fraga, nado en Cutián (Cerdedo-Cotobade) o 28 de xullo de 1944, é un economista e empresario editorial galego.

Afonso Ribas
Nacemento28 de xullo de 1944
Lugar de nacementoCutián
NacionalidadeEspaña
Ocupacióneconomista e editor
CónxuxeSalomé Álvarez Blanco
Na rede
Dialnet: 1954730
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fixo estudos de Ciencias Económicas. É director asociado do grupo Unipro-Consultores de Empresas, director da revista de economía Análise Empresarial e director financeiro de Edicións Laiovento. É vicepresidente de Promocións Culturais Galegas, a empresa editora d' A Nosa Terra.

Foi cofundador e xerente de Teima e cofundador e conselleiro de Escola Aberta.

Vida persoal Editar

Está casado con Salomé Álvarez Blanco, coa que ten catro fillos: Pedro, Alberto, Alfonso e Pablo.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar