Aeroporto de Xénova

O aeroporto de Xénova (IATA: GOAOACI: LIMJ), tamén chamado aeroporto Cristoforo Colombo ou aeroporto de Xénova-Sestri Ponente polo distrito onde se atopa, é un aeroporto internacional construído nunha península artificial a 7,4 quilómetros ao oeste de Xénova, Italia. É o máis importante de Liguria e serve á cidade e ao porto de Xénova, ademais de a unha considerable cantidade de poboación do sur do Piemonte e do sur da Lombardía. Está operado por Aeroporto di Genova S.P.A., que recentemente mellorou o complexo do aeroporto.

Aeroporto de Xénova
Aeroporto di Genova

IATA: GOA – ICAO: LIMJ
Sumario
Tipo público
Operador Aeroporto di Genova S.p.A.
Cidade/Illa Xénova
Elevación (msnm) 4 metros / 13 pés
Coordenadas
Web http://www.genovaairport.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
10/28 2 916 9 564 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 1 249 374[1]

No ano 2017 usaron o aeroporto un total de 1 249 374 pasaxeiros, sendo o 22º máis concorrido de Italia en termos de pasaxe. A aeroliña de baixo custo española Volotea ten en Xénova unha das súas catro bases italianas. O aeroporto foi bautizado na honra do navegante e explorador xenoves Cristovo Colón.

Aeroliñas e destinos

editar
Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Estacional: Atenas (comeza en xuño de 2018)
Air France París-Charles de Gaulle
Alitalia Roma-Fiumicino
Estacional: Olbia
Blu-express Tirana
British Airways Londres-Gatwick
Estacional: Glasgow
easyJet Estacional: Berlín-Tegel (comeza en agosto de 2018),[2] Bristol (comeza en xuño de 2018), Londres-Luton, Manchester
FlyValan Trieste
Israir Estacional: Tel Aviv-Ben Gurion (comeza en maio de 2018)
KLM Ámsterdam
Lufthansa Regional Frankfurt, Múnic
Ryanair Bari, Londres-Stansted, Trapani
Scandinavian Airlines Estacional: Copenhague
S7 Airlines Estacional: Moscova-Domodedovo
Volotea Cagliari, Catania, Madrid, Nápoles, Palermo
Estacional: L’Alguer, Atenas, Brindisi, Eivisa, Lampedusa (comeza en maio de 2018), Menorca, Míconos (comeza en maio de 2018), Olbia, Palma de Mallorca, Santorini, Viena
Vueling Estacional: Barcelona
  1. Assaeroporti (ed.). "Statistiche dicembre 2017". Consultado o 30 de abril de 2018. 
  2. Routes Online (ed.). "easyJet outlines new routes from Berlin Tegel in S18". Consultado o 30 de abril de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar