Adriano Correia

futbolista brasileiro
(Redirixido desde "Adriano Correia Claro")

Adriano Correia Claro, nado en Curitiba (Paraná) o 26 de outubro de 1984, é un futbolista brasileiro nacionalizado español. Xoga de lateral e o seu actual equipo é o Futbol Club Barcelona.

Adriano
AdrianoCorreia.jpg
Adriano como xogador do Sevilla.
Información persoal
Nome Adriano Correia Claro
Nacemento 26 de outubro de 1984 (36 anos)
Lugar de nacemento Curitiba
Altura 1,72 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Barcelona
Número 21
Carreira xuvenil
Coritiba
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2004 Coritiba 81 (2)
2005–2010 Sevilla 157 (11)
2010– Barcelona 62 (6)
Selección nacional
2003 Brasil sub-20
2003– Brasil 17 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 29 de abril de 2013.
Selección: actualizado a 6 de febreiro de 2013.editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu na cidade brasileira de Curitiba, onde empezou a xogar desde moi novo. Con 8 anos o seu pai, Athaide, animoulle a intentar xogar coa súa perna esquerda tras sufrir unha lesión na súa perna dereita.[1] Adriano Correia é destro, pero adoita xogar pola banda esquerda.

O seu primeiro equipo profesional foi o Coritiba Foot Ball Club, no que debutou antes de cumprir os 18 anos.

En xaneiro de 2005 chegou ao Sevilla FC, club da Primeira División de España, a metade de tempada no mercado invernal. Co club hispalense disputou máis de 200 partidos nos que marcou 19 goles.

Tras a súa estancia de case 6 anos no club de Nervión, o venres 16 de xullo de 2010 fíxose oficial a súa fichaxe polo FC Barcelona por 9,5 millóns de euros,[2][3] uníndose así aos seus compatriotas Daniel Alves e Maxwell. Adriano, que utilizaba o dorsal número 6 no Sevilla FC, ocupa o 21 que deixou Dmytro Chygrynskiy tras o seu regreso ao FC Shakhtar Donetsk ucraíno.

O 2 de febreiro de 2011, Adriano marca o seu primeiro gol co FC Barcelona, nas semifinais de volta da Copa do Rei contra o UD Almería, partido que terminaría por 3 a 0 a favor do conxunto catalán.

Selección nacionalEditar

Participou na Copa Mundial de Fútbol Xuvenil de 2003 coa Selección brasileira, conseguindo finalmente o título tras vencer a España na final por 1 a 0.

En 2004 formou parte da Selección brasileira absoluta que gañou a Copa América 2004, celebrada ese ano en Perú.

En total, xogou 9 partidos internacionais, nos que non marcou ningún gol.

Clubs e estatísticasEditar

Club Tempada Liga Copa Comp. Continental Otros Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Coritiba
 
2002-2004 81 2 - - - - - - 81 2
Total 81 2 - - - - - - 81 2
Sevilla FC
 
2004/05 16 2 - - 4 1 - - 20 3
2005/06 32 3 0 0 13 3 - - 45 6
2006/07 26 2 3 0 11 1 1 0 41 3
2007/08 29 1 - - 6 0 - - 35 1
2008/09 29 3 6 1 5 1 - - 40 5
2009/10 27 0 4 0 4 1 - - 35 1
Total 153 11 13 1 43 7 1 0 216 19
FC Barcelona
 
2010/11 2 - - 1 - - 2 0 2 1
Total 2 0 - - - - 2 0 2 0
Total carreira 236 13 13 1 43 7 3 0 299 21
Datos correspondentes a 11 de outubro de 2010

PalmarésEditar

Campionatos nacionaisEditar

Título Club País Ano
Campionato Paranaense Coritiba Foot Ball Club   Brasil 2003
Campionato Paranaense Coritiba Foot Ball Club   Brasil 2004
Copa do Rei Sevilla FC   España 2007
Supercopa de España Sevilla FC   España 2007
Copa do Rei Sevilla FC   España 2010
Supercopa de España FC Barcelona   España 2010
Liga Española FC Barcelona   España 2011

Campionatos internacionaisEditar

Título Club País Ano
Copa Mundial de Fútbol Sub-20 Selección brasileira   Brasil 2003
Copa América Selección brasileira   Brasil 2004
Copa da UEFA Sevilla FC   España 2006
Supercopa de Europa Sevilla FC   España 2006
Copa da UEFA Sevilla FC   España 2007
Liga de Campións da UEFA FC Barcelona   España 2011

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar