Maxwell Cabelino Andrade
Maxwell Scherrer Cabelino Andrade, nado o 27 de agosto de 1981 en Cachoeiro de Itapemirim (Espírito Santo), é un futbolista brasileiro. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o Paris Saint-Germain FC.
Maxwell | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Maxwell Scherrer Cabelino Andrade | ||
Nacemento | 27 de agosto de 1981 (42 anos) | ||
Lugar de nacemento | Cachoeiro de Itapemirim | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Paris Saint-Germain | ||
Número | 17 | ||
Carreira xuvenil | |||
2000–2001 | Cruzeiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2001–2006 | Ajax | 114 | (9) |
2006–2009 | Inter de Milán | 79 | (2) |
2009–2012 | Barcelona | 57 | (0) |
2012– | Paris Saint-Germain | 14 | (1) |
Selección nacional | |||
2004 | Brasil sub-23 | 6 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 20 de maio de 2012. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarComezou a súa carreira profesional no Cruzeiro, para en 2001 fichar polo Ajax. Tras cinco tempadas, ficha polo Inter, sendo cedido ao Empoli. En xullo de 2006, Inter anunciou oficialmente a firma de Maxwell cun contrato de catro anos. O 15 de xullo de 2009, o Inter chegou a un principio de acordo co FC Barcelona para o traspaso do xogador por 4,5 millóns de euros e 0,5 máis variables.[1] Asinou o seu contrato co Barcelona por 4 anos con opcion a 1 mais, foi presentado o 17 de xullo.[2]
Comezou a tempada 2009/2010 gañando tres títulos; Supercopa de España, Supercopa de Europa, e Copa Mundial de Clubs da FIFA, e vaise facendo habitual no once titular de Pep Guardiola xogando tanto de lateral como de interior zurdo, ao termo desta campaña conquista a Liga Española. A tempada 2010/2011 empeza gañando a Supercopa de España.
O 12 de xaneiro de 2012, chegou a un acordo co Paris Saint-Germain FC por tres anos, a cambio de 4 millóns de euros. Fixo o seu debut contra o Toulouse FC, na vitoria do PSG por 3-1, xogando os 90 minutos.
Fai 7 anos morreuse un dos seus dous irmáns. En honra do seu irmán fíxose a tatuaxe que leva na parte posterior do bíceps. Grazas á relixión e á súa paixón polo fútbol conseguiu saír adiante. Forma parte dos Atletas de Cristo, unha organización cristiá da que tamén forman parte outros futbolistas como Kaká[Cómpre referencia]. Ten tres fillas.[3]
Palmarés
editarCampionatos nacionais
editarCopas internacionais
editarDistincións individuais
editarDistinción | Ano |
---|---|
Futbolista do ano nos Países Baixos | 2004 |
Notas
editar- ↑ elmundodeportivo.es O Barça chega a un acordo con Maxwell (Inter) Arquivado 03 de febreiro de 2010 en Wayback Machine., consultado en xullo de 2009
- ↑ Maxwell: felicidade en azulgrana Arquivado 14 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.. FCBarcelona.cat. Consultado o 17 de xullo de 2009.
- ↑ "Maxwell puja al metro de l’Estació Camp Nou". FC Barcelona (en catalán). 18 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2012. Consultado o 29 de maio de 2011.