Adolfus africanus

Adolfus africanus

Adolfus africanus macho (foto de 1919)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Lacertinae
Xénero: Adolfus
Especie: A. aficanus
Nome binomial
Adolfus africanus
(Boulenger, 1906)
Sinonimia
Véxase o texto

Adolfus africanus é unha especie de réptil escamoso da familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das seis incluídas no xénero Adolfus.

É endémica da África subsahariana.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1906 polo biólogo belga, nacionalizado británico, George Albert Boulenger,[2] no seu traballo:

Boulenger, G. A. (1906): "Additions to the herptetology of British East Africa". Proc. Zool. Soc. London 2: 570-573.[2]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Adolfus.

O epíteto específico, africanus, alude á súa área de distribución.

Sinónimos editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Adolfus fridericianus Sternfeld, 1912 (protónimo)
  • Algiroides africanus Boulenger, 1906

Distribución e ecoloxía editar

Adolfus africanus ten unha área de distribución disxunta na zona de bosques húmidos da África Central, encontrándose en Camerún, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Sudán do Sur, Uganda, Ruanda, o oeste de Kenya e o extremo norte de Zambia.[3]

Parece estar ausente da conca central do río Congo. Asóciase a bosques primarios e probablemente non tolera a deforestación.

Ameazas editar

É probábel que esta especie sexa sensible á deforestación, e probablemente non sexa capaz de persistir ou recolonizar o crecemento secundario que caracteriza os bosques sucesivos posteriores á explotación forestal.[4] Sudán do Sur perdera case o 40 % da súa cobertura orixinal en 2006, debido ao rozamento con fins do aproveitamento de novas terras agrícolas; os bosques remanentes tamén son susceptíbeis ao corte masivo de bosque debido á presenza de especies madeirábeis valiosas, incluída a caoba. Non está claro se esta especie sobrevive en Entebbe (cidade ugandesa á beira do lago Victoria), a súa localidade tipo.[5]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status desta especia como LC (pouco peocupante) porque se atopa nunha área moi ampla de África Central, polo que, aínda que só se coñece un número limitado de localidades e está limitada a ameazas forestais esencialmente inalteradas, é probabel que actualmente se localicen.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Wagner, P., Spawls, S., Kusamba, C. & LeBreton, M. (2021): Adolfus africanus na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 21 de setembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Adolfus africanus (Boulenger, 1906) no GBIF. Consultado o 21 de setembro de 2022.
  3. Adolfus africanus en The Reptilia Database.
  4. Köhler, J., Wagner P., Visser, S. & Böhme, W. (2003): "New country records of Adolfus africanus (Sauria: Lacertidae) - a rain forest lizard with disjunct distribution?" Salamandra 39 (3/4): 241-248.
  5. Spawls, S., Howell, K., Hinkel, H. & Menegon, M. (2018): Field Guide to East African Reptiles, 2nd Edition. London: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4729-3561-8.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar