Adolfo Bregua Mouriño

político e militar galego

Adolfo Bregua Mouriño, nado na Coruña o 27 de setembro de 1906, foi un militar galego.

Modelo:BiografíaAdolfo Bregua Mouriño
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1906 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro, militar Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
4 de xaneiro de 1937-7 de xaneiro de 1937evasión de La Libertaria Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 5045

Traxectoria

editar
 
Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación La Libertaria, obra de Jorge Pastor.

Caixonista. Foi delegado do Sindicato de Cajonistas y Aserradores La Libertad da Coruña, no que tamén ocupou os cargos de presidente e secretario. Foi detido en maio de 1934 con outros compañeiros da CNT por alteración da orde pública durante un mitin.[1] Participou en mitins en Corme, en abril de 1936, e Cariño e Espasante, en maio de 1936. Foi socio do Centro de Estudios Sociales Germinal.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e contactou con outros militantes dispersos que non foran capturados. Grazas á colaboración dos militantes do Sindicato El Despertar Marítimo, logrou fuxir da Coruña a principios de xaneiro de 1937, na embarcación La Libertaria, coa que chegaron ao porto de Xixón o 7 de xaneiro de 1937. Loitou no exército republicano. En 1937 foi procesado e declarado rebelde polo Xulgado de Ordes xunto con Antonio Sánchez Veira, José Moreno Torres e Jesús Hermida Iglesias, e decretada a súa busca e captura.[2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941, que foi sobresido en abril de 1944.[3]

Coa derrota da República exiliouse en Francia. Entrou no hospital Saint-Louis Perpignan o 27 de agosto de 1939, procedente de Barcarès. Preso en Trier, foi deportado ao campo de concentración de Mauthausen-Gusen en decembro de 1940 e trasladado a Gusen en xaneiro do 1941. Sobreviviu por ser xogador de fútbol. Liberado en maio do 1945, marchou ao Brasil. Despois retornou ao seu barrio de Vioño.

Vida persoal

editar

Casou na Coruña con Rogelia Barba Rumbo en 1928.[4] Rogelia finou en Porto Alegre o 18 de xullo de 1982. Foron pais de Adolfo e Jaime Bregua Barba.[5]

  1. El Ideal Gallego, 29-5-1934, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 4-2-1937, p. 4.
  3. BOP A Coruña, 4-5-1944, p. 4.
  4. El Ideal Gallego, 24-7-1928, p. 4.
  5. La Voz de Galicia, 8-7-1982, p. 63.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar