Pradairo campestre

especie de planta
(Redirección desde «Acer campestre»)

O pradairo campestre (Acer campestre), é unha especie de arboriña pertencente ao xénero Acer, da familia Sapindaceae. Está moi estendida por Europa, chega ás provincias orientais de Galiza.

Hábitat editar

É unha árbore de sol ou sombra, moi adaptábel, prefire solos ben drenados, aturando os solos secos e compactos, así coma o ar poluído, polo que se axeita ben coma especie nas cidades e beirarrúas. Pódese cultivar facilmente como bonsai.

Descrición editar

Arboriña de folla caediza de 7–10 m de altura, coa casca cinsenta acastañada, cortizosa, tornándose escamosa e gretada cos anos. As follas son 3-5 palmatilobadas, de 10-12 x 10–12 cm, algo glaucas, co envés lixeiramente tomentoso; marxe enteira, algo ondulada. Pecíolo de 8–10 cm de lonxitude, con látex. Flores de cor verde amarelenta, aparecendo antes que as follas en inflorescencias corimbosas terminais. Froito miúdo, en sámara dupla de 3–5 cm de lonxitude, pubescentes, de ás opostas.

 
As flores do pradairo campestre saen pola primavera antes das follas e son de cor verde amarelenta
 
As disámaras opostas de Acer campestre teñen a semente aplanada
 
As follas deste pradairo son de cor verde escura con cinco puntas, de forma moi característica
 
A casca suberosa do pradairo campestre é de cor cinsenta acastañada

Propiedades editar

É tamén unha especie melífera, usada na apicultura. En cosmética, úsase para as peles arrubiadas. En Alsacia penduran as pólas do pradairo campestre por riba da porta de entrada das vivendas para escorregar os morcegos.[1]

Taxonomía editar

Acer campestre foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1055–1056, no ano 1753.[2]

Citoloxía

Número de cromosomas de Acer campestre (Fam. Aceraceae) e táxones infraespecíficos: n=13; 2n=26[3]

Variedades aceptadas

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Acer campestre". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 10 de octubre de 2009. 
  2. Pradairo campestre en Trópicos
  3. Datos cariológicos de algunas plantas salmantinas. Sánchez Anta, M. A., F. Gallego Martín & F. Navarro Andrés (1987) Stud. Bot. Univ. Salamanca 6: 169-171

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  1. Anonymous. 1986. List-Based Rec., Soil Conserv. Serv., U.S.D.A. Database of the U.S.D.A., Beltsville.
  2. Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
  3. Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
  4. Gleason, H. A. & A. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–lxxv, 1–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  5. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.

Ligazóns externas editar