Traza

insectos que se alimentan dos tecidos, a madeira ou o papel
(Redirección desde «Couza»)

Traza, couza, caruncho, trilla, corta ou rela son as denominacións populares dadas a diferentes grupos de insectos que se alimentan dos tecidos, a madeira ou o papel, segundo os casos.[1] Con este nome coñécense en galego dous grupos de insectos moi distintos:

  • Traza da roupa: son larvas de certos lepidópteros que se alimentan dos tecidos da roupa.
  • Traza da madeira: son larvas de certos coleópteros, que se alimentan de madeira.
Larva de Tineola bisselliella (unha traza da roupa).
Adulto de Tineola bisselliella (unha traza da roupa).
Anobium punctatum (unha traza da madeira) a piques de saír do seu burato.
Larva dunha traza da madeira
Larva dunha traza da madeira extraída dun tronco.

Traza da roupa

editar

As trazas que atacan a roupa (principalmente de la, pero tamén doutras fibras) e pezas de pel son larvas (eirugas) de certos lepidópteros, principalmente da familia Tineidae. As especies máis difundidas son Tineola bisselliella, Tinea pellionella e Trichophaga tapetzella. Os adultos son unhas avelaíñas voadoras inofensivas, pero reprodutoras, que se orixinaron pola metamorfose das larvas; só as larvas son directamente nocivas. Estas trazas pertencen ao gran grupo de lepidópteros dos heteróceros (as avelaíñas), pero a gran maioría das avelaíñas non se alimentan de roupa.

Traza da madeira

editar

As trazas que atacan a madeira de mobles, construcións de madeira e troncos son as larvas de certas especies de coleópteros (escaravellos), principalmente da familia Anobiidae, pero tamén doutras familias. Constrúen túneles na madeira producindo os danos e xerando un característico po ou serraduras. Cando a larva sofre a metamorfose, convértese en adulto voador, que sae ao exterior, pon os ovos e vive pouco tempo (uns días).

Algunhas especies destrutivas son:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar