Cerambícidos
Cerambycidae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Batus barbicornis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||
10, ver texto |
Os cerambícidos (Cerambycidae) son escaravellos que constitúen unha familia cosmopolita de coleópteros, caracterizados polas súas antenas extremadamente longas (parecen "cornos"), que a miúdo son tan longas ou máis que todo o corpo do animal. Porén, hai tamén varios membros da familia nos que as antenas son bastante curtas (por exemplo, Neandra brunnea) e esas especies son difíciles de distinguir dos escaravellos da familia dos crisomélidos. É unha familia grande, cunhas 26.000 especies descritas, algo máis da metade do hemisferio oriental. Varias especies son graves pragas agrícolas. As larvas, perforan a madeira, e causan grandes danos a árbores vivas e a madeira non tratada (ou, ocasionalmente, á madeira de edificios construídos; o Hylotrupes bajulus é un especial problema dentro das casas). Varias especies imitan formigas, abellas e avespas, aínda que a maioría das especies están coloreadas cripticamente. O raro escaravello titán (Titanus giganteus) do nordeste de Suramérica considérase a miúdo o maior insecto (aínda que non o máis pesado nin o máis longo se incluímos as patas), cunha lonxitude corporal máxima rexistrada de 16,7 cm.[2]
O nome científico da familia procede do personaxe Cerambos da mitoloxía grega: despois dunha discusión coas ninfas, o pastor e cantor Cerambos foi transformado nun gran escaravello con cornos.
Clasificación
editarComo ocorre en moitas familias extensas de seres vivos, tamén nos cerambícidos diferentes autores recoñeceron distintas subfamilias, ou separan subfamilias para convertelas en familias (por exemplo, Disteniidae, Oxypeltidae e Vesperidae);[3] polo que hai certa inestabilidade e controversia sobre a clasificación interna dos Cerambycidae.[4] Hai poucas características definitorias para o grupo no seu conxunto, polo menos para os adultos, xa que ocasionalmente hai especies ou grupos de especies que poden carecer dunha determinada característica presente nos demais; a familia e os seus parentes próximos, por tanto, constitúen un grupo taxonomicamente difícil e as relacións entre as diversas liñaxes aínda non se comprenden ben.[5]
Subfamilias
editarAs dez subfamilias son:[6]
- Anoplodermatinae Guérin-Méneville, 1840
- Apatophyseinae Lacordaire, 1869
- Cerambycinae Latreille, 1802
- Dorcasominae Lacordaire, 1869
- Lamiinae Latreille, 1825
- Lepturinae Latreille, 1802
- Necydalinae Latreille, 1825
- Parandrinae Blanchard, 1845
- Prioninae Latreille, 1802
- Spondylidinae Audinet-Serville, 1832
Galería
editar-
Rosalia batesi
-
Leptura quadrifasciata
-
Archandra brunnea
-
Stenurella melanura
-
Paraglenea fortunei
-
Titanus.giganteus, o insecto máis grande
Notas
editar- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Cerambycidae Latreille, 1802 (TSN 114497)" (en inglés).
- ↑ Max Barclay (2010). "Titanus giganteus Linnaeus (1771)". Natural History Museum. Consultado o June 6, 2011.
- ↑ Sergio Antonio Vanin & Sergio Ide (2002). "Classificação comentada de Coleoptera" [An annotated classification of the Coleoptera]. En C. Costa; S. A. Vanin; J. M. Lobo & A. Melic. Proyecto de Red Iberoamericana de Biogeografía y Entomología Sistemática PrIBES 2002 (PDF). Monografias Tercer Milenio (M3M) (en Portuguese) 3. pp. 193–206. ISBN 84-922495-8-7.
- ↑ Miguel A. Monné (2006). "Catalogue of the Cerambycidae (Coleoptera) of the Neotropical Region. Part III. Subfamilies Parandrinae, Prioninae, Anoplodermatinae, Aseminae, Spondylidinae, Lepturinae, Oxypeltinae, and addenda to the Cerambycinae and Lamiinae" (PDF excerpt). Zootaxa 1212: 1–244. ISBN 1-877407-96-8.
- ↑ Arnett, et al. (2002). American Beetles, Vol. 2. CRC Press, 861 pp.
- ↑ Patrice Bouchard; Yves Bousquet; Anthony E. Davies; Miguel A. Alonso-Zarazaga; John F. Lawrence; Chris H. C. Lyal; Alfred F. Newton; Chris A. M. Reid; Michael Schmitt; S. Adam Ślipiński; Andrew B. T. Smith (2010). "Family-group names in Coleoptera (Insecta)". ZooKeys 88: 1–972. PMC 3088472. PMID 21594053. doi:10.3897/zookeys.88.807. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 05 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Monné, Miguel A. & Hovore, Frank T. (2005) Electronic Checklist of the Cerambycidae of the Western Hemisphere. PDFCerambycids.comArquivado 07 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cerambícidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cerambícidos |
- Gallery Foto de cerambícidos de todo o mundo
- Fotos de cerambícidos da rexión Paleártica occidental
- CDFA Cerambycidae do Novo Mundo
- Cerambycidae da Güiana Francesa
- Museo Nacional, Río de Xaneiro, Brasil Imaxes de holotipos
- Iberodorcadion Coleoptera, Cerambycidae, Dorcadion - RedIRIS
- VIDEOS - Lonxicornes (Dorcadion, Cerambycidae, Coleoptera)
- Cerambycidae de Borneo pdf
- BugGuide.net - (Cerambycidae)
- Anoplophora chinensis na páxina da Universidade da Florida / Institute of Food and Agricultural Sciences
- Coleoptera: Cerambycidae, Universidade de Florida, Dept. de Entomoloxía e Nematoloxía
- Escaravellos que perforan a madeira do mundo