Os Lyctinae son un grupo de setenta especies de escaravellos que atacan a madeira (trazas) que forman unha subfamilia.[1] Estes escaravellos forman parte da superfamilia Bostrichoidea. Aínda que a maioría dos escaravellos que furan a madeira teñen grandes protórax, estas especies non, o que fai que as súas cabezas sexan máis visibles desde arriba. Ademais disto, as súas antenas teñen mazas con dúas articulacións. Considéranse unha praga e atacan árbores de folla caduca, reducindo co tempo a súa madeira a po. Os danos que causan os escaravellos da familia dos Cerambycidae confúndense a miúdo cos que causan estes animais, pero os dous grupos non están relacionados. As larvas dos cerambícidos son brancas, rectas e xeralmente de cabezas achaiadas, mentres que as dos Bostrichidae son brancas e con forma de C.

Típica larva con forma de C dun escaravello da superfamilia Bostrichoidea
Como comparación, típica larva recta dun escaravello da familia Cerambycidae, non relacionada cos Bostrichoidea

Ciclo vital editar

As larvas dos Lyctinae pasan meses ou anos dentro da madeira mentres se desenvolven, alimentándose principalmente do seu contido en amidón. A súa presenza só é aparente cando emerxen como adultos, deixando atrás aberturas do tamaño dun pequeno buratiño de 0,79 a 3,2 mm de diámetro, dependeno da especie.[2] Tamén poden deixar debaixo moreíñas de excrementos pulverulentos. Se as condicións da madeira son as correctas, a femia pode poñer ovos e reinfectar a madeira, continuando o ciclo durante xeracións.

Materiais que atacan editar

Aliméntanse de árbores caducas, incluíndo algunhas de madera dura ou branda, segundo a especie. Algunhas de madeira dura son inmunes de forma natural se teñen un baixo contido en amidón ou se os seus diámetros de poro son demasiado pequenos para que o ovipositor da femia se poida meter para poñer os ovos.

Para preservar a madeira e previr a infestación por escaravellos pódese utilizar borato e unha fumigación frecuente das estruturas.

Tamén poden infestar ferramentas de madeira ou mangos, marcos, mobles, almacéns de armas, libros, xoguetes, bambú ou madeira para chans e estruturas.

Notas editar

  1. Allaby, Michael (1999). Lyctidae. A Dictionary of Zoology (Encyclopedia.com). Consultado o 6 de xullo de 2010. 
  2. "Powderpost Beetles — Entomology — Penn State University". College of Agricultural Sciences. Pennsylvania State University. Consultado o 7 de xullo de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar