Acción (Pontevedra)

Acción foi unha revista editada en Pontevedra de 1928 a 1930.

Acción
Órgano de la juventud católica
PaísEspaña
Sede centralPontevedra
Linguacastelán e galego
FundadorXosé Sesto López
Primeira edición15 de abril de 1928
Última edición31 de maio de 1930 ?
Circulación
Frecuenciaquincenal
editar datos en Wikidata ]

Historia e característicasEditar

Subtitulada Órgano de la Juventud Católica, apareceu o 15 de abril de 1928. Con periodicidade quincenal, foi fundada por Xosé Sesto e dirixida por José Muíños González. De carácter relixioso, publicou artigos en galego de Antón Losada Diéguez, Antonio Rey Soto, Xoán Bautista Andrade, Jacobo Rey Porto, Xerardo Álvarez Limeses, Manuel Casado Nieto e Herminia Fariña; e tamén poemas de Xosé Manuel Cabada, Casimiro Cubela, M. García García e Xosé Sesto. Tivo inicialmente unha sección crítica titulada "Picotazos", que desapareceu axiña. Cesou a súa publicación o 31 de maio de 1930.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar