Acacia do Senegal

especie de planta
(Redirección desde «Acacia senegal»)

A acacia do Senegal (Acacia nilotica) é unha especie de acacia nativa de África e do subcontinente indio. Actualmente tamén hai unha especie invasiva de presenza significativa en Australia.

Acacia do Senegal

Acacia nilótica
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Mimosoideae
Tribo: Acacieae
Xénero: Acacia
Especie: 'A. nilotica'
Nome binomial
'Acacia nilotica'
(L.) Delile
Range of Acacia nilotica
Range of Acacia nilotica

Range of Acacia nilotica
Acacia nilotica

Sinónimos editar

  • Acacia arabica - Willd
  • Acacia abyssinica - Willd
  • Acacia glaucophylla - Willd
  • Acacia gummifera -Willd
  • Acacia scorpioides - W.Wight
  • Acacia senegal - Willd
  • Acacia vera - Willd
  • Acacia verek - Guill
  • Mimosa arabica (Lam)
  • Mimosa nilotica (L)
  • Mimosa scorpioides (L)

Hábitat editar

 
Mapa de distribución xeográfica

É un arbusto ou pequena árbore natural de zonas tropicais de África ao subcontinente indio. Medra dende Exipto ao Mozambique e tamén se atopa en Zanzíbar, na India e Arabia, medrando preferentemente en terreos secos, areentos e desérticos nos que predomina un clima seco.

Características editar

Moi apreciado pola exsudación gomosa das súas pólas, que se produce na parte interna da casca, obténdose a goma arábiga. É unha pequena árbore cunha copa densa e esférica, que acada os 5-8 metros de altura. O talo e as pólas posúen a casca gretada que exsuda resina gomosa. As follas son bipinnadas, con 3-6 pares de pínnulas e con folíolos agrupados apareados de oito ou dez en cada unha. As espiñas punxentes aparecen de catro en catro. As flores moi numerosas son de cor amarela, pedunculadas en cabezas globulares de 1'5 cm.

Propiedades editar