Unha copa é un vaso destinado a conter líquido para beber que posúe un pé como base. Por extensión tamén á cantidade de líquido que cabe na copa, denomínaselle copa (por exemplo unha copa de viño).

Copa de licor
Copa para champaña

Historia

editar

Aínda que os primeiros recipientes para beber cervexa (anterior ao viño) de tipo xerra remóntanse ao 3000a.C., e ata entrado o século X non se pode comezar a falar de copas propiamente ditas.

Romanos e fenicios usaban unha única copa para toda a familia, que se colocaba en metade da mesa para uso de todos. Debido ao seu alto prezo, só as familias ricas podían permitirse unha, normalmente de luxo e moi pesada.

A situación cambiou coa aparición da técnica consistente en soprar o vidro, que fixo máis accesible posuír copas de vidro, aínda que seguían sendo caras ademais de fráxiles. Co paso do tempo as técnicas evolucionaron e o prezo do vidro, e xa que logo das copas, baixou.

No Renacemento producíronse novos deseños realmente espectaculares con novos materiais e incrustacións. Durante o século XVII cámbiase o vidro por cristal, máis brillante e máis maleable que este.

En 1977 certifícanse as copas para degustación. A forma, o grosor do cristal e ata a cor da copa inflúen á hora de degustar o viño e na percepción que ten o catador sobre a bebida.