A Veronza, Carballeda, Carballeda de Avia

lugar da parroquia de Carballeda, no concello de Carballeda de Avia
(Redirección desde «A Veronza»)

A Veronza é un lugar da parroquia de San Miguel de Carballeda, no concello de Carballeda de Avia, na comarca do Ribeiro. Tiña 39 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 17 eran homes e 22 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 44 habitantes (21 homes e 23 mulleres).

A Veronza
ParroquiaCarballeda
ConcelloCarballeda de Avia
Coordenadas42°19′24″N 8°10′17″O / 42.323217535865, -8.1712589163504Coordenadas: 42°19′24″N 8°10′17″O / 42.323217535865, -8.1712589163504
Poboación39 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Está dividido en dous núcleos, dos que na actualidade só un deles está habitado, A Veronza Grande. A súa poboación en 2007 era de 63 persoas (35 home e 25 mulleres)[3].

Patrimonio editar

Conta cunha capela adicada a san Lourenzo, en honra do que se celebra unha romaría os días 9, 10 e 11 de agosto. A noite do 9 celébrase unha procesión de fachos. O regato de Maquiáns cruza o lugar, e na súa parte alta hai varios muíños antigos, e ao seu carón unha área recreativa.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Carballeda editar

Lugares da parroquia de Carballeda no concello de Carballeda de Avia (Ourense)

Carballeda de Avia | A Costeira | Fiscás | Saa | A Veiga | A Veronza | Vilariño

Parroquias de Carballeda de Avia editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Carballeda de Avia

Abelenda das Penas (Santo André) | Balde (San Martiño) | Beiro (San Pedro) | Carballeda (San Miguel) | Faramontaos (San Cosmede) | Muimenta (San Xiao) | Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo) | Vilar de Condes (Santa María)

Notas editar

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 28.decembro.2012. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Carballeda de Avia – Carballeda" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 28.decembro.2012. 
  3. Instituto Nacional de Estadística