A Ponte Olveira, Corzón, Mazaricos
A Ponte Olveira é un lugar da parroquia de Corzón no concello coruñés de Mazaricos, na comarca do Xallas. Segundo o INE en 2018 tiña 31 habitantes (17 homes e 14 mulleres).
A Ponte Olveira | |
---|---|
Parroquia | Corzón |
Concello | Mazaricos |
Coordenadas | 42°57′41″N 9°01′00″O / 42.961281020103, -9.0166805121207 |
Poboación | 31 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Localización
editarSitúase a carón do río Xallas, enfronte da aldea da Ponte Olveira (Olveiroa, Dumbría) e ambas recibe o seu nome da ponte que cruza o río, construíuda no século XVI sobre unha anterior medieval e modificada en 1962,[1] sobre a cal discorre a estrada provincial DP-3404. Ten seis vaos de arcos de medio punto, con pedra de perpiaño.
Por aquí discorre o camiño de Fisterra-Muxía, prolongación do camiño de Santiago. Aparece citado en 1477 no Anónimo Florentino e nos itinerarios de Christoph Guzinguer (1654) e Domenico Laffi (1673). Segundo a documentación recollida polo historiador Francisco Mayán, durante a Guerra da Independencia Española tivo lugar unha batalla das xentes da zona contra as tropas francesas, baixo o mando do cura do Ézaro, Xoán Pispieiro. As tropas francesas arrasaron a zona ao seu paso cara a Cee e Corcubión.
Lugares e parroquias
editarLugares de Corzón
editarLugares da parroquia de Corzón no concello de Mazaricos (A Coruña) | |
---|---|
As Abeleiroas | Busto | Cacheiros | Corzón | O Lugarnovo | Mollón | A Ponte Olveira | Quintáns | Vilargueimonde | Zanfoga |
Parroquias de Mazaricos
editarNotas
editar- ↑ J. V. Lado (13 de marzo de 2018). "La carretera que nunca quiso el puente de A Ponte Olveira". La Voz de Galicia (en castelán).