A Ponte, San Xoán de Lóuzara, Samos
A Ponte é unha aldea da parroquia de San Xoán de Lóuzara, no concello de Samos, provincia de Lugo.
A Ponte | |
---|---|
![]() Verán, 2013. | |
Parroquia | San Xoán de Lóuzara |
Concello | Samos |
Poboación | 2 hab. (2012) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Localización Editar
Está situada á beira do río Lóuzara entre 650 e 700 m. de altitude.
Historia Editar
O día 17 de cada mes celebrábase neste lugar a única feira do Val de Lóuzara, que desapareceu polos anos 1970. Unha das máis concorridas era a do 17 de xaneiro, pois viñan os chamados "de abaixo", expresión para referirse ós do concello de Quiroga, a comprar parellas de bois para arar as viñas. En case tódalas casas había tendas. Tamén había un muíño e unha escola. No ano 2008 o 17 de agosto, onde era a antiga feira, organizouse a primeira edición dunha feira de artesanía e produtos naturais da zona. No ano 2013 foi a 6ª edición.
Galería de imaxes Editar
-
Lugar da feira.
Lugares e parroquias Editar
Lugares de San Xoán de Lóuzara Editar
Lugares da parroquia de San Xoán de Lóuzara no concello de Samos (Lugo) | |
---|---|
Bustofrío | Locai | Paredes | A Ponte | Praducelo | Requeixo | San Xoán | Santo Sidro | Trascastro | Vila do Castro | Vilela |