A Nosa Casa de Galicia en París

asociación da diáspora galega en París

A Nosa Casa de Galicia en París é unha asociación de galegos residentes en París creada en 1997.

A Nosa Casa de Galicia en París
Tipoasociación
Data de fundación22 de maio de 1997
SedeParís
PaísFrancia
48°53′48″N 2°20′31″L / 48.896746026336, 2.3419033139955
Na rede
http://anosacasadegalicia.over-blog.com/
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Esta sociedade naceu o 22 de maio de 1997 da man dun grupo de galegos residentes en París, amantes da cultura galega e motivados pola desaparición da antiga Casa de Galicia fundada en 1976 e que desaparecera en 1978. Unhas setenta persoas asistiron a unha reunión nos locais do grupo folclórico da antiga Casa de Galicia, coa intención de crear outra asociación galega en París. Así, fundouse A nosa Casa de Galicia. Asociación Cultural y Deportiva. Nomearon unha directiva de transición e interpuxeron unha denuncia contra a antiga directiva da Casa de Galicia pola súa mala xestión (que levou á desaparición da sociedade), nun intento de dar certa credibilidade á nova asociación, deixando claro que non tiñan nada que ver coa anterior. Nunha carta de presentación da nova sociedade dirixida pola directiva aos “galegos da diáspora” poñen de manifesto as súas intencións:

Os galegos de París e da súa bisbarra que crearon esta nova entidade galega que despois de corenta anos outros galegos quixeron poñerlle fin esquecendo, cecais a terra que os veo nacer. Esta presencia pola que nos loitaremos sempre por derriba de todas ideoloxías políticas, de todos oportunismos, de todos los partidismos egoistas e sin ialma [1].

Os socios fundacionais da nova asociación foron[1]:

  • Presidente: Vicente Alonso
  • Vicepresidente: Celso Romero
  • Secretario: Xavier Pena
  • Vicesecretario: Antonio Rodríguez
  • Tesoureiro: Manuel López
  • Vocais: Manuel Martínez, Celso Acevedo, Mercedes Adega, Antonio Álvarez, Alfonso Fernández, Máximo Fernández, Saúl Pernas, Luz Seijo, Mercedes Vázquez e Manuel Vilas.

O presidente en 2017 era Senén Fente Díaz.

Obxectivos da asociación

editar

O propósito da asociación é o de reunir ós galegos residentes en Francia, exaltar os valores galegos, difundir a cultura galega, favorecer as manifestacións artísticas e literarias referidas a Galicia e motivar o deporte (sobre todo o fútbol). (art. 2 dos Estatutos).

A asociación organiza actividades culturais como cursos de galego, conferencias, mesas redondas, exposicións etc. Tamén dispón dunha biblioteca (con obras de referencia da literatura galega que xa existían na antiga Casa de Galicia) e dun grupo de baile galego que recibe o mesmo nome que a asociación. No centro, pódese atopar un bar e un restaurante nos que gozar de pratos da gastronomía española e galega.

  1. 1,0 1,1 Sixirei Paredes, Carlos; Campos Álvarez, Xosé Ramón; Fernández Martínez, Enrique (2001). A NOSA DIÁSPORA DA EMIGRACIÓN Á GALEGUIDADE. Asociacionismo Galego no exterior (tomo II). XUNTA DE GALICIA. ISBN 84-453-3011-X. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar