A Magdalena, Ribadelouro, Tui
A Magdalena é un lugar da parroquia de Ribadelouro no concello pontevedrés de Tui na Comarca do Baixo Miño. Tiña unha poboación censada de 55 habitantes no ano 2019 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 23 eran homes e 32 mulleres, o que representa un descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 54 veciños, descenso que é aínda maior respecto ao ano 2004, cando eran 60 veciños.
A Magdalena | |
---|---|
Parroquia | Ribadelouro |
Concello | Tui |
Coordenadas | 42°05′52″N 8°38′26″O / 42.097821695703, -8.6405925918971 |
Poboación | 55 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA Magdalena exerce de centro parroquial de Ribadelouro, tanto a nivel económico coma social. A consecuencia disto, neste barrio están situados algúns dos elementos patrimoniais máis relevantes da parroquia, comezando pola propia igrexa.
- Igrexa de Santa Comba (s. XIX): edificación do ano 1824, construída sobre outra anterior de época románica da que non se conservan restos[1].
- Reitoral (s. XVII): situada a carón da Igrexa parroquial. Aínda que a edificación é do século XVII tamén conta con engadidos e modificacións posteriores do século XVIII.
- Cruceiro da Magdalena (s. XIX)[2]
- Calvario de Ribadelouro (s. XIX)[3]
Lugares e parroquias.
editarLugares de Ribadelouro
editarLugares da parroquia de Ribadelouro no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
Barreiro | Bouzón | O Castro | A Costa | Cotarel | O Cruceiro | A Eira Vella | Espendelo | A Farrapa | A Fernal | A Fonte | A Gándara | A Magdalena | O Mallón | Marxiáns | O Monte | Mourentán | Oia | O Porto de Bouzas | San Simón | Vides |
Parroquias de Tui
editar- ↑ "Igrexa parroquial de Santa Comba de Ribadelouro". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-10-02.
- ↑ "Cruceiro da Magdalena". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-10-02.
- ↑ "Calvario de Ribadelouro". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-10-02.