A Igrexa, Caldelas de Tui, Tui

A Igrexa é un lugar da parroquia de Caldelas de Tui, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. No ano 2009 tiña 46 habitantes (22 homes e 24 mulleres), segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Nacional de Estadística. Isto supón un incremento do 15 por cento respecto ao ano 2000, aínda que un descenso en relación ao 2008.

A Igrexa
ParroquiaCaldelas de Tui
ConcelloTui
Poboación42 hab. (2017)

Aspectos de intereseEditar

O lugar recibe o seu nome por ser onde se atopa a igrexa parroquial de Caldelas de Tui, consagrada a San Martiño. Segundo os estudosos, o templo estivo na súa orixe nas beiras do río Miño, preto da confluencia co río Caselas. É trasladada ao seu actual emprazamento en 1674, data que figura nunha inscrición da fachada. En 1719 é reconstruída en parte, e en 1766 érguese a torre en forma de espadana, cunha soa campá.

Esta torre é, precisamente, o único que se salva na reconstrución da igrexa que se inicia en 1965. En 1967 é inaugurado o actual templo. As festas de San Martiño celébranse na súa contorna, mentres que as da Virxe da Rocha, en agosto, teñen como marco as beiras do Miño.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de Caldelas de TuiEditar

Lugares da parroquia de Caldelas de Tui no concello de Tui (Pontevedra)

Os Baños | O Calvario | O Coello | Engarde | O Foxo | Os Gaios | A Igrexa | O Monte | O Monteiro | As Peteiras | O Piñeiro | O Pozón | O Seixal | O Souto de Arriba | O Souto de Engarde | A Telleira

Parroquias de TuiEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar