Abrir o menú principal

A árbore

obra de teatro de Ricardo Carballo Calero

A arbre. Auto en tres esceas e un epílogo-prólogo é unha pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero publicada no nº 9 da revista Grial en 1965 e escrita no ano 1948 en Esteiro (Ferrol). Foi reeditada en 1971[1] e 1982[2].

A árbore
Autor/aRicardo Carballo Calero
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Teatro
EditorialEditorial Galaxia

PersonaxesEditar

  • O home
  • A muller

DesenvolvementoEditar

Toda a decoración redúcese a unha arbre, ergueita no meio da escea. Telón de fundo.

  • Escena I. En 1908. Árbore florida.

O home é un elegante cabaleiro de vinte anos, a muller unha elegante señorita de 18 anos. O home decláralle o seu amor eterno, ela tamén se vai declarar namorada mais ten que deixalo porque xa a comprometeron para casar cun bo partido que lle buscou a nai.

  • Escena II. En 1928. Árbore con follas.

O home, de corenta anos, viste con sobria corrección, a muller, de dezaoito anos, leva unha sombriña aberta. El volve declararlle o seu amor, ela sinálalle o seu primo que está alí preto nunha terraza mirando para eles. El rexeita ir sentar con eles.

  • Escena III. En 1948. Árbore espida.

O home, con sesenta anos, leva unha roupa raída, a muller, con dezaoito anos, leva un paraugas pechado. Volven dialogar sobre o amor e a vida. Ela rexéitao, el colle e...

  • Epílogo-prólogo. Antes do almanaque. Árbore con froitos e serpe enroscada no toro.

O home, con vinte anos, e a muller, con dezaoito anos, vestidos de paraíso. Dialogan nun ton poético coa serpe polo medio. Remata: Tebras. Sucédense, alternándose, os tronos e as gargalladas. Unha grande espada de fogo brilla nas tebras.

CaracterísticasEditar

Xa no propio libro se di que:

A Arbre” é certamente como un auto ou misterio no que, tamén evitando a pesadume dunha solemne gravedade ou dun énfase retóricamente atrangallado, replantéase o problema, condicionado pola cultura, da relación natural antre home e muller, segundo se nos presenta desde que Eva mordéu o froito da ciencia no Paraíso[3]

E o autor engade no prólogo:

¿Por qué o amor, que debía dar ao home a felicidade, , lle dá, en troques a dor? ¿Por qué o home, que debía poseer a Eva nun raiolante e fixo meiodía, anda a percurala sempre, ao traveso do vran, do outono, do inverno? O home e a muller están defrontados, a carón da Arbre. Debían ser felices, só un home e unha muller, nunha eterna primavera. Pero hai monicións, mamáis, curmáns, soles, neves, cañas... Hai circunstancias. E, craro, o amor é tamén, orteganamente, o amor e as súas circunstancias[4]

Segundo Sindo Villamayor:

É un texto simbólico co que pon en cuestión, dunha maneira abstracta, próxima ao teatro do absurdo, o sentido do Paraíso. O tema principal é o amor tratado como ironía, e ao mesmo tempo, como drama; as dúas personaxes son simbólicas: o home e a muller; a decoración redúcese a unha árbore. Na escena final (que ten o carácter de epílogo-prólogo) retomando a historia bíblica da árbore da ciencia do ben e do mal, a peza representa de novo a expulsión do Paraíso: o amor, símbolo de felicidade para o home, é a causa da súa desgracia [5].

Para Henrique Rabuñal:

Volvemos ao tema das relacións home-muller. Polo home pasa o tempo mentres a muller ten sempre a mesma idade. O amor tórnase imposíbel.[6].

NotasEditar

  1. Carballo Calero, Ricardo (1971). Catro pezas. A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro. Editorial Galaxia. 
  2. Carballo Calero, Ricardo (1982). Teatro completo. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-116-3. 
  3. Carballo Calero 1971, p. lapela.
  4. Carballo Calero 1971, p. 15-16.
  5. Villamayor, Sindo (1996). Historia da Literatura Galega. 33. O silencio interior (1940-1950). Ed. A Nosa Terra. p. 1040. ISBN 84-89679-05-3. 
  6. Rabuñal, Henrique. "Carvalho Calero na historia do noso teatro". adiante.gal. Consultado o 17/10/2018. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar