9969 Braille

asteroide

9969 Braille é un pequeno asteroide que cruza a órbita de Marte e xira arredor do Sol unha vez cada 3,58 anos.[2] Foi descuberto en 1992 por astrónomos do observatorio Palomar e nomeado en honor a Louis Braille, o inventor do sistema de escritura para cegos que leva o seu nome. Foi fotografiado de cerca pola nave Deep Space 1 en 1999, pero un fallo produciu imaxes de baixa calidade.

Braille
O asteroide 9969 Braille visto pola Deep Space 1.
Descubrimento
Descuberto por Eleanor F. Helin e Kenneth J. Lawrence
Lugar do descubrimento Observatorio Palomar
Descuberto o 27 de maio de 1992
Designación do CPM 9969 Braille
Designación alternativa 1992 KD
Procedencia do nome Louis Braille
Características orbitais
Época 10 de abril de 2007.
Periapse 1,33334143409973 UA
Apoapse 3,35525824876761 UA
Excentricidade 0,431241085063454
Período orbital 1311,046707341689 d
Inclinación 28,8950758886474°
Anomalía media 53,44583107846355°
Lonxitude do nodo ascendente 242,0860869040194°
Argumento da periapse 355,6230995683221°
Características físicas
Dimensións 2,1 km × 1 km × 1 km
Masa 7,8x1015 g
Densidade media 3,9 g cm−3[1]
Período de rotación sidérea 224,6 h
Albedo xeométrico 0,34
Temperatura superficial ~238 K
Tipo espectral Asteroide de tipo Q
Magnitude absoluta 15,8

Descubrimento e nomeamento editar

Foi descuberto o 27 de maio de 1992 por Eleanor F. Helin e Kenneth J. Lawrence desde o observatorio Palomar como parte dun estudo da NASA sobre asteroides que cruzan órbitas de planetas. Deuselle provisionalmente o nome 1992 KD.[3] Máis tarde foi bautizado Braille en honor a Louis Braille a suxestión do enxeñeiro de software pertencente ó Centro Espacial Kennedy, Kerry Babcock, en resposta á chamada do concurso da Sociedade Planetaria "Name That Asteroid" ("Nomea ese asteroide").[4][5]

Órbita editar

 
Órbita de Braille, coas órbitas dos cinco primeiros planetas representadas (a órbita máis exterior é a de Xúpiter).

Braille ten unha órbita infrecuentemente inclinada e pertence á rara clase de asteroides coñecidos como cruzadores de Marte. Simulacións da súa órbita feitas por científicos da nave Deep Space 1 predín que a súa órbita pasará a cruzar á da Terra nuns 4000 anos.[6] Aínda que o seu punto máis próximo ó Sol está por dentro da órbita de Marte, é altamente elíptica e leva ó asteroide a case a metade de camiño ata Xúpiter no seu apoapse, sendo o seu semieixo maior demasiado grande para clasificalo como un asteroide Amor.

Características físicas editar

Braille é un asteroide de tipo Q, composto na súa maior parte de olivina e piroxeno. As observacións desde terra suxerían que podía ser un asteroide de tipo V, con composición parecida en parte á de 4 Vesta. A forma do asteroide é irregular, medindo aproximadamente 2,1 km × 1 km × 1 km.

Exploración editar

A información máis detallada que se dispón de Braille ven principalmente da nave Deep Space 1, que pasou a 26 km do asteroide o 29 de xullo de 1999,[7] así como de observacións desde terra feitas conxuntamente coa misión.[2] Para o momento en que Deep Space 1 chegou ata Braille o seu espectrómetro ultravioleta non funcionaba, pero enviou un par de imaxes CCD de resolución media e tres espectros infravermellos durante o encontro. Con todo, aínda que a sonda achegouse ata 26 km do asteroide, as imaxes e os espectros foron tomados a unha distancia duns 14.000 km debido a problemas co sistema de seguimento.[8] A misión principal de Deep Space 1 era probar novas tecnoloxías no espazo, pero o encontro con Braille foi de gran valor científico. Braille é o asteroide máis pequeno visitado ata agora por unha sonda espacial.[9]

Notas editar

  1. I. Richter, D.E. Brinza, M. Cassel, K.H. Glassmeier, F. Kuhnke, G. Mussmann, C. Othmer, K. Schwingenschuh and B.T. Tsurutani (1 de maio de 2001). "First Direct Magnetic Field Measurements of an Asteroidal Magnetic Field: DS1 at Braille". Geophysical Research Letters 28 (10): 1913–1916. 
  2. 2,0 2,1 Buratti, B. J.; Britt, D. T.; Soderblom, L. A.; Hicks, M. D.; Boice, D. C.; Brown, R. H.; Meier, R.; Nelson, R. M.; Oberst, J.; Owen, T. C.; Rivkin, A. S.; Sandel, B. R.; Stern, S. A.; Thomas, N.; Yelle, R. V. (2004). "9969 Braille: Deep Space 1 infrared spectroscopy, geometric albedo, and classification". Icarus 167 (1): 129–135. 
  3. Susan Lendroth (28 de xullo de 1999). The Planetary Society, ed. "Spacecraft Target Asteroid Named in Planetary Society Contest". Consultado o 18 de maio de 2011. 
  4. MPC 35492 Minor Planet Center
  5. Cable News Network, ed. (26 de xullo de 1999). "Asteroid target gets new name". Consultado o 18 de maio de 2011. 
  6. Calvin J. Hamilton. "Asteroid Braille". Consultado o 18 de maio de 2011. 
  7. National Aeronautics and Space Administration (ed.). "A CLOSE-UP OF AN ASTEROID". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2009. Consultado o 18 de maio de 2011. 
  8. M. Lazzarin, S. Fornasier, M. A. Barucci and M. Birlan (24 de maio de 2001). "Groundbased investigation of asteroid 9969 Braille, target of the spacecraft mission Deep Space 1". Astronomy & Astrophysics 375 (1): 281–284. 
  9. Oberst, J.; Mottola, S.; di Martino, M.; Hicks, M.; Buratti, B.; Soderblom, L.; Thomas, N. (2001). "A Model for Rotation and Shape of Asteroid 9969 Braille from Ground-Based Observations and Images Obtained during the Deep Space 1 (DS1) Flyby". Icarus 153 (1): 16–23. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar