Rally Mil Vistas de 1992

proba automobilística
(Redirección desde «3º Rally Mil Vistas»)

O Rally Mil Vistas de 1992 foi a terceira edición de dito rally e a última proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 14 de novembro de 1992 e o vencedor foi Manuel Senra, sobre un Peugeot 309 GTI 16v.[1]

Rally Mil Vistas de 1992
CategoríaGalicia
LocalizaciónMuros
Carnota
Vimianzo
Dumbría
OrganizadorSenra Sport
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos11
Distancia tramos63,60 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Manuel Senra
AnteriorRally Mil Vistas de 1991
SeguinteRally Mil Vistas de 1993

Itinerario editar

Tanto a saída como a chegada situouse en Muros. Constou de 63,6 km cronometrados divididos en 11 treitos: dúas pasadas polos trazados de Carnota (4,95 km), O Ézaro (11 km), Dumbría (3,5 km) e Vimianzo (3,5 km) e tres polo de Muros (5,9 km).[2]

Resumo editar

Germán Castrillón non participou na proba ao ser xa matematicamente campión de Galicia, polo que a atención centrouse no subcampionato ao que optaban Manuel Senra (486 puntos), Sergio Vallejo (455 puntos), Javier Piñeiro (446 puntos), Javier Paz (437 puntos) e José María Banga (420 puntos).[2] Finalmente o triunfo e o subcampionato foron para Senra, tras unha cómoda vitoria nunha carreira marcada polas malas condicións meteorolóxicas, que provocaron numerosos abandonos e problemas aos participantes.[1]

Clasificación editar

Pos Piloto Vehículo
1   Manuel Senra Peugeot 309 GTI 16v
2   Javier Paz Citroën AX Sport
3   Juan Carlos Táboas Citroën AX Sport
Abandonos
-   Jesús Campos Renault Clio

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Arévalo, Fernando (15 de novembro de 1992). "Senra puso fin a su mala racha". La Voz de Galicia (en castelán). p. 60. 
  2. 2,0 2,1 Arévalo, Fernando (14 de novembro de 1992). "Con el Rally Mil Vistas concluye el campeonato gallego de asfalto". La Voz de Galicia (en castelán). p. 49. 


Predecesor:
Rally de Ourense
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1992
Sucesor:
'