10 Hygiea

asteroide

10 Hygiea é un asteroide do cinto de asteroides. Con diámetros ovalados de 350–500 km, e unha masa que se estima que sexa o 2,9% da masa total do cinto de asteroides,[8] é o cuarto obxecto máis notable do cinto de asteroides, tanto por tamaño coma por masa. E o asteroide máis grande dentro do asteroides do tipo-C cunha superficie carbonícea.

10 Hygeia ⯚ ()

Animación da órbita de Hygiea en relación coas órbitas dos planetas terrestres e Xúpiter.
Descubrimento e clasificación
Descuberto por A. de Gasparis
Descuberto o 12-04-1849
Categoría no Mpc Cinto de asteroides (Familia de Hygiea)
Características orbitais[1]
Época= 30-11-2008 (2454800,5 xd)
Afelio 524,63 Gm 3,507 UA (Q)
Perihelio 414,38 Gm 2,770 UA (q)
Eixo semi-maior 469,58 Gm 3,139 UA
Excentricidade 0,117
Período orbital 2.031,01 d 5,56 ax
Velocidade orbital 16,76 km/s
Inclinación 3,842°
Anomalía media 197,96° (M)
Lonxitude do nodo ascendente 283,45°
Argumento do perihelio 313,19°
Características físicas
Tamaño 530×407×370 km[2]
431 kms (media)

500×385×350 km[3][4]
407 kms(media)[1]

Área superficial 837.080,744 km2
Masa 8,85 x 1019 kg[2]
Densidade 2,12 ± 0,11 g/cm³[2]
Gravidade superficial 0,091 m/s²
Velocidade de escape 0,21 km/s
Período de rotación 27,623 h[1]
Tipo espectral Asteroide tipo-C[1]
Albedo 0,0717 (albedo xeométrico)[1]
Magnitude aparente 9,0[5][6] a 11,97
Magnitude absoluta 5,43[1]
Temperatura superficial ~164 K
max: 247 K (−26° C) [7]
Tamaño angular 0,318" a 0,133"

Aínda que é o corpo máis grande na súa área, aparece moi difuso dende a Terra, debido á súa superficie escura. Por esta razón moitos asteroides moito máis pequenos foron descubertos moito antes de que Annibale de Gasparis descubrira Hygiea o 12 de abril do ano 1849. Na maior parte das oposicións, Hygiea ten unha magnitude aparente de catros ordes máis pequena cá de Vesta, e a súa observación require dun telescopio de polo menos 100 mm (4-polgadas), cando está en oposición pero dentro do seu perihelio, pode que sexa observable cuns binoculares de 10x50.

A UAI listou no 2006 a Hygiea coma candidato a planeta anano[9]

Descubrimento e nome editar

Hygiea foi descuberta por Annibale de Gasparis o 12 de abril do ano 1849, en Nápoles, Italia.[10] Foi o primeiro dos seus nove descubrimentos de asteroides. O director do observatorio de Nápoles, Ernesto Capocci, deulle nome ó asteroide. Escolleu Igea Borbonica ("Casa dos Borbóns") en honra á familia real do reino das dúas Sicilias, ó cal pertencía naquela época Nápoles.[11]

En 1852, John Russell Hind escribiu "é universalmente coñecido coma Hygeia, o apéndice innecesario de 'Borbonica' cae obsoleto."[11] O nome quedou coma Hygieia, que procede da mitoloxía grega, onde era deusa da saúde, Filla de Asclepio (Esculapio para os romanos).[12] O nome foi a miúdo escrito coma Hygeia ó longo de século XIX, por ex. no Monthly Notices of the Royal Astronomical Society.[13]

Características físicas editar

 
Tamaños dos primeiros 10 asteroides descubertos en comparación coa nosa Lúa. Hygiea é o que está á dereita de todo.

A superficie de Hygiea está composta de materiais carboníceos primitivos semellantes ós das condritas. Produtos debidos as alteracións creadas pola presenza de auga foron detectados na súa superficie, o que indicaría a presenza de xeo de auga no pasado, o cal foi quentado o suficiente para estar fundido.[12] A composición tan antiga da superficie posiblemente é indicativa de que o fundido deste xeo debeu ocorrer nos primeiros tempos da formación do Sistema Solar,[12] en contraste con outros grandes planetesimais coma 4 Vesta.

É o membro principal da familia de Hygiea e contén case toda a masa da familia (por riba do 90%). É o asteroide máis grande do escuro de tipo-C de asteroides cunha superficie carbonícea, que é o tipo dominante na parte máis externa do cinto de asteroides—parte que está máis aló da descontinuidade de Kirkwood, a 2,82 UAs. Hygiea aparece notablemente ovalado, cun diámetro medio de 444 ± 35 km e unha taxa do eixo semi-maior de 1,11.[12] Isto é moitisimo maior que no caso dos outros tres grandes obxectos do cinto de asteroides (de entre os 'catro grandes', nos que está incluído Hygiea), o planeta anano Ceres e os asteroides 2 Pallas e 4 Vesta. Ademais de se-lo máis pequeno dos catro, outra diferenza importante cos outros tres, é que Hygiea é relativamente pouco denso, comparable coas lúas de xeo de Xúpiter ou Saturno e a diferenza en comparación cos planetas terrestres e os asteroides rochosos.

Hygiea é o obxecto máis grande da rexión, debido á súa superficie escura e á gran distancia a que está respecto do Sol, vese moi difuso cando é observado dende a Terra. De feito, é en brillo o antepenúltimo asteroide dos primeiros 23 asteroides descubertos, só 13 Egeria e 17 Thetis teñen menores magnitudes en oposición.[14] Na meirande parte das oposicións, Hygiea ten unha magnitude aparente de +10.2,[14] o cal é 4 magnitudes menos de brillo en comparación con Vesta, e a súa observación require dun telescopio de polo menos 100 mm (4-polgadas).[15] Cando está en oposición pero dentro do seu perihelio, Hygiea acada unha magnitude de +9,1[6] e pode chegar a ser observable cuns binoculares de 10x50, de xeito contrario ós seguintes dous asteroides en tamaño do cinto de asteroides, 704 Interamnia e 511 Davida, o cales están máis ala das posibilidades duns binoculares.

Polo menos foron observadas 5 ocultacións de estrelas por parte de Hygiea dende observatorios terrestres,[16] pero todas proporcionaron poucos datos e medicións, co cal non se sabe moito de como é a súa forma. O Telescopio Espacial Hubble foi capaz de ve-lo asteroide, e descarta-la posibilidade da presenza de lúas orbitando Hygiea que tivesen máis de 16 kms. de diámetro.[17]

Órbita e rotación editar

 
Trazado da orbita de Hygeia, respecto de Xúpiter (amarelo).

Xeralmente as características de Hygiea son as menos coñecidas dos "catros grandes obxectos" do cinto de asteroides. A súa órbita está máis próxima ó plano da eclíptica cás de Ceres, Pallas ou Interamnia,[12] pero é menos circular cás de Ceres ou Vesta, cunha excentricidade do redor do 12%.[1] O seu perihelio é semellante en lonxitude ós de Vesta e Ceres, aínda que o seu nodo ascendente e descente son opostos ós correspondentes tanto para Vesta coma para Ceres. Subliñar que o seu perihelio é case igual á distancia media de Ceres e Pallas, unha colisión entre Hygiea e os seus compañeiros de maior tamaño é imposible, xa están sempre en lados opostos da eclíptica. Aínda que no ano 2056, Hygiea pasará a 0,025 UAs respecto de Ceres, e no 2063, Hygiea pasará a 0,020 UAs respecto de Pallas.[18] O afelio de Hygiea chega ata o bordo do cinto de asteroides, onde está o perihelio da familia de Hilda, a cal está nunha resonancia orbital de 3:2 con Xúpiter.[19]

Ten unha infrecuente rotación pola lentitude da mesma, tarda 27 horas e 37 minutos en dar unha revolución completa,[1] mentres que os obxectos grandes do cinto de asteroides usualmente teñen rotacións de entre 6 a 12 horas. A dirección de rotación aínda non foi precisada con claridade, debido a unha dobre ambigüidade nos datos da súa curva de luz, ambigüidade que por riba é exacerbada polo seu longo período de rotación, o cal fai que un telescopio terrestre só poida abarcar unha fracción dunha rotación completa nunha noite de observación, con todo pensase que é retrogrado.[12] A análise da curva de luz indica que os polos de Hygiea apuntan ás coordenadas eclípticas (β, λ) = (30°, 115°) ou (30°, 300°) cun erro estimado duns 10°.[4] Isto dálle unha oblicuidade da eclíptica de 60° para ambos casos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "JPL Small-Body Database Browser: 10 Hygiea". Consultado o 07-09-2008. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Jim Baer (2008). Personal Website, ed. "Recent Asteroid Mass Determinations". Arquivado dende o orixinal o 08-07-2013. Consultado o 03-12-2008. 
  3. Baer, James; Chesley, Steven R. (2008). "Astrometric masses of 21 asteroids, and an integrated asteroid ephemeris" (PDF). Celestial Mechanics and Dynamical Astronomy (Springer Science+Business Media B.V. 2007) 100 (2008): 27–42. doi:10.1007/s10569-007-9103-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24-02-2011. Consultado o 11-11-2008. 
  4. 4,0 4,1 M. Kaasalainen (2002). "Models of Twenty Asteroids from Photometric Data" (PDF). Icarus 159: 369. doi:10.1006/icar.2002.6907. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16-02-2008. Consultado o 23-06-2009. 
  5. Department of Mathematics, University of Pisa, Italy (ed.). "AstDys (10) Hygiea Ephemerides". Consultado o 26-06-2010. 
  6. 6,0 6,1 Minor Planet Center (ed.). "Bright Minor Planets 2000". Consultado o 21-05-2008. [Ligazón morta]
  7. L.F. Lim; McConnochie, T.; Belliii, J.; Hayward, T. (2005). "Thermal infrared (8–13 µm) spectra of 29 asteroids: the Cornell Mid-Infrared Asteroid Spectroscopy (MIDAS) Survey". Icarus 173: 385. doi:10.1016/j.icarus.2004.08.005. 
  8. "Masa de Hygiea" 0,445 / "Masa do cinto" Arquivado 31 de outubro de 2008 en Wayback Machine. 15 = 0,0296
  9. O. Gingerich (2006). "The Path to Defining Planets" (PDF). Harvard-Smithsonian Center for Astrophysics and IAU EC Planet Definition Committee chair. Consultado o 13-03-2007. 
  10. A. O. Leuschner (15-07-1922). National Academy of Sciences, ed. "Comparison of Theory with Observation for the Minor planets 10 Hygiea and 175 Andromache with Respect to Perturbations by Jupiter". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 8 (7): 170–173. PMC 1085085. PMID 16586868. doi:10.1073/pnas.8.7.170. 
  11. 11,0 11,1 John Russell Hind (1852). G. P. Putnam, ed. The Solar System: Descriptive Treatise Upon the Sun, Moon, and Planets, Including an Account of All the Recent Discoveries. p. 126. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 Barucci, M (2002). "10 Hygiea: ISO Infrared Observations". Icarus 156: 202. doi:10.1006/icar.2001.6775. 
  13. Hartnup, J. (1850). "Observations of Hygeia". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 10: 162. 
  14. 14,0 14,1 Moh'd Odeh. "The Brightest Asteroids". The Jordanian Astronomical Society. Arquivado dende o orixinal o 13-08-2007. Consultado o 21-05-2008. 
  15. Ballauer Observatory, ed. (2004). "What Can I See Through My Scope?". Arquivado dende o orixinal o 22-06-2013. Consultado o 20-07-2008. 
  16. James L. Hilton. Lunar and Planetar Institute, ed. "Asteroid Masses and Densities" (PDF). U.S. Naval Observatory. Consultado o 26-08-2008. 
  17. A. Storrs (1999). "Imaging Observations of Asteroids with Hubble Space Telescope". Icarus 137: 260. doi:10.1006/icar.1999.6047. 
  18. "JPL Close-Approach Data: 10 Hygiea". 27-11-2009 últimas observacións. Consultado o 02-03-2010. 
  19. L’vov V.N., Smekhacheva R.I., Smirnov S.S., Tsekmejster S.D. Central (Pulkovo) Astronomical Observatory of Russian Academy of Sciences, ed. "Some Peculiarities in the Hildas' Motion" (PDF). Consultado o 06-05-2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar