Rally de Noia de 1993

10ª edición do Rally de Noia
(Redirección desde «10º Rally de Noia»)

O Rally de Noia de 1993 foi a 10ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 17 de abril de 1993 e o vencedor foi Germán Castrillón.[1]

Modelo:Competición deportivaRally de Noia de 1993
Tipoedición de rally Editar o valor em Wikidata
OrganizadorEscudería Berberecho Editar o valor em Wikidata
Parte deRally de Noia e Tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor em Wikidata
Número de participantes46 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición10  (1993) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoGermán Castrillón Permuy Editar o valor em Wikidata

1992 Editar o valor em Wikidata
1994 Editar o valor em Wikidata

Itinerario

editar

Constou de 83,6 quilómetros cronometrados, divididos en dez treitos, con dúas pasadas por cinco trazados diferentes: Montemuíño (10,3 km), Treites-Belles (5 km), O Tambre (7,35 km), Lesende (10,95 km) e San Fins (8,2 km).[2]

Resumo

editar

O equipo de Germán e Estrella Castrillón colocouse en cabeza dende o primeiro treito e foron os máis rápidos en case todos os demais treitos. Por detrás chegaron Senra e Rial, que pouco puideron facer contra o Escort RS Cosworth dos Castrillón.[1] O rally transcorreu sen incidentes excepto polo choque contra un muro do coche número 9, o Peugeot 205 de Santos, que fixo que unha pedra golpease a unha espectadora que tivo que ser evacuada. Isto provocou que o rally se detivese durante máis de 20 minutos.[3]

Clasificación

editar
Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo/diferenza
1   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Escort RS Cosworth
2   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 309 GTI a 25''
3   Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën AX Sport a 1'21''
4   Juan Carlos Táboas   Luis Fernández Citroën AX Sport
  1. 1,0 1,1 "Senra y Rial apenas pudieron presionar a Castrillón en Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de abril de 1993. p. 50. 
  2. Arévalo, F. (16 de abril de 1993). "Castrillón es el piloto a batir". La Voz de Galicia (en castelán). p. 52. 
  3. "Victoria de Castrillón en el Rally de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de abril de 1993. p. 56. 


Predecesor:
Rally do Albariño
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1993
Sucesor:
Rally do Lacón