061

Número de teléfono

O 061 é o número de teléfono e, por extensión, a denominación do propio Servizo de Urxencias Sanitarias en Galicia e tamén en varias comunidades autónomas de España. En Galicia o 061 é un organismo dependente do SERGAS.

Ambulancias do 061 dirixíndose ao accidente de Angrois (2013)

Calquera usuario poderá chamar cando estiver ante unha situación de urxencia sanitaria ou para realizar unha consulta sobre algunha doenza non urxente.[Cómpre referencia] O 061 de Galicia coordina a demanda sanitaria urxente extrahospitalaria que se produce na comunidade autónoma galega.

Historia do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia editar

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 creouse o día 4 de decembro do ano 1995 polo Goberno de Galicia ante a necesidade de desenvolver unha estratexia de resposta ás urxencias sanitarias. Dende entón, o 061 encargouse de xestionar e coordinar a asistencia e o transporte no medio extrahospitalario en casos de urxencia e emerxencia dentro do ámbito territorial galego.

Compoñentes do servizo editar

  • Central de Coordenación de Urxencias Sanitarias: situada no edificio de usos múltiples de San Marcos en Santiago de Compostela, é o lugar onde se reciben e se atenden as chamadas, e onde se asignan os recursos para mobilizar ou o lugar onde se deben desprazar os pacientes por medios propios.
  • Rede de Transporte Sanitario Urxente, xestionada desde a central de coordinación.
    • Ambulancias de soporte vital avanzado ou UVI móbil: o 061 conta con 16 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado medicalizadas terrestres, localizadas en diferentes cidades galegas. Atenden as situacións máis graves e de risco vital. A súa dotación de persoal está integrada por un médico, un enfermeiro e un ou dous técnicos de transporte sanitario (un deles condutor).
    • Ambulancias de soporte vital básico: 107 ambulancias asistenciais de soporte vital básico distribuídas por toda a xeografía galega, seguindo criterios de carga asistencial, dispersión e isocrona. Son as enviadas para situacións que non presenten un risco vital, como apoio ás unidades avanzadas e como primeiro chanzo até que os recursos avanzados accedan ao punto. Están compostas por dous técnicos de transporte sanitario (un deles condutor).
    • Helicóptero medicalizado: Galicia conta con dúas unidades aéreas de soporte vital avanzado, localizadas nas cidades de Santiago de Compostela e Ourense, que son xestionadas integramente polo 061 desde o 1 de xaneiro de 2014. Os dous equipos están compostos de médico, enfermeiro e dous pilotos (ou un piloto e mais un mecánico). Nalgunhas ocasión, os helicópteros de salvamento marítimo (Helimer) traballan en colaboración cos equipos do 061, aínda que non forman parte del.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar