Abrir o menú principal

Félix Édouard Justin Émile Borel, nado en Saint-Affrique (Aveyron) o 7 de xaneiro de 1871 e finado en París o 3 de febreiro de 1956 foi un matemático[2] e político francés.

Émile Borel
Emile Borel-1932.jpg
Borel en 1932
Datos persoais
Félix Edouard Justin Émile Borel
Nacemento7 de xaneiro de 1871
LugarSaint-Affrique, Francia
Falecemento3 de febreiro de 1956
LugarParís, Francia
Soterradosen etiquetar
NacionalidadeFrancés
CónxuxeCamille Marbo
Actividade
CampoMatemáticas, política
Alma máterUniversidade de París
Director de teseGaston Darboux
Alumnos de tesePaul Dienes, Henri Lebesgue, Paul Montel, Georges Valiron
Contribucións e premios
Coñecido porTeoría da medida
Teoría da probabilidade
PremiosMédaille de la Résistance (1950)[1]
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Borel naceu en Saint-Affrique, Aveyron, fillo dun pastor protestante.[3] Estudou no Collège Sainte-Barbe e no Lycée Louis-le-Grand antes de matricularse na École normale supérieure e na École Polytechnique. Aínda que puido entrar nas dúas, escolleu asistir á normal en 1889. Ese ano gañou o “concours général”, competición anual de matemáticas. Tras graduarse en 1892, quedou primeiro na "agrégation", exame de servizo civil que daba acceso ao posto de “professeur agrégé”. A súa tese, publicada en 1893, titulouse Sur quelques points de la théorie des fonctions ("Sobre varios puntos da teoría das funcións").

Ese mesmo ano Borel comezou un traballo de catro anos como profesor na Universidade de Lille, tempo durante o que publicou vinte e dous artigos. Volveu á École normale en 1897, e foi proposto para a cátedra de teoría de funcións, que mantivo ata 1941.[1]

En 1901 casou con Marguerite, de dezasete anos, filla do seu colega Paul Émile Appel; ela máis tarde escribiu máis de trinta novelas baixo o pseudónimo Camille Marbo. Émile Borel faleceu en París o 3 de febreiro de 1956.[1]

ObraEditar

Xunto con René-Louis Baire e Henri Lebesgue, Émile Borel foi un dos pioneiros da teoría da medida e a súa aplicación á teoría da probabilidade. O concepto de conxunto de Borel recibe este nome na súa honra. Un dos seus libros recolle o divertimento que entrou na cultura popular co nome de teorema do mono infinito. Tamén publicou unha serie de artigos (1921-27) que definiron por vez primeira os xogos de estratexia.[4]

En 1913 e 1914 fixo o salto entre a xeometría hiperbólica e a relatividade especial.

Carreira políticaEditar

Nas décadas de 1920, 1930 e 1940 Borel foi activo na política. En 1922 fundou o Instituto de Estatística de París e entre 1924 e 1936 foi membro da Asemblea Nacional de Francia. En 1925 foi Ministro de Mariña no goberno do tamén matemático Paul Painlevé. Durante a Segunda Guerra Mundial foi membro da Resistencia francesa.

HonoresEditar

ArtigosEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Chang, Sooyoung (2011). Academic Genealogy of Mathematicians. World Scientific. p. 107. ISBN 978-981-4282-29-1. 
  2. "Biografía". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2006. Consultado o 29 de xuño de 2015. 
  3. McElroy, Tucker (2009). A to Z of Mathematicians. Infobase Publishing. p. 46. ISBN 978-1-4381-0921-3. 
  4. "Émile Borel," Encyclopædia Britannica

Véxase taménEditar