Charles Robert Richet

Charles Robert Richet, nado en París o 20 de agosto de 1850 e finado na mesma cidade o 4 de febreiro de 1935, foi un médico francés.

Charles Robert Richet
Datos persoais
Nome completoCharles Robert Richet
AlcumeCharles Epheyre
Nacemento20 de agosto de 1850
LugarParís (Francia)
Falecemento4 de febreiro de 1935, 84 anos
LugarParís (Francia)
ResidenciaFrancia
NacionalidadeFrancesa
FillosCharles Richet
Actividade
Campomedicina
Alma máterUniversidade de París
Director de teseCharles Philippe Robin
Contribucións e premios
Coñecido porDescubrir a anafilaxe
PremiosPremio Nobel de Medicina (1913)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Alfredo Richet e da súa esposa Eugenia. Estudou na súa cidade natal, graduouse como Doutor de Medicina en 1869, Doutor en Ciencias en 1878 e como o seu pai, profesor, neste caso da Cátedra de Fisioloxía na Facultade de Medicina de París a partir de 1887.

Durante 24 anos, desde 1878 a 1902, foi editor da Revista Científica e desde 1917, co-editor do Xornal de Fisioloxía e Patoloxía Xeral. Publicou artigos sobre fisioloxía, química e patoloxía experimental.

En fisioloxía traballou sobre os mecanismos da termorregulación en animais de sangue quente. Antes das súas investigacións (1885-1895) sobre polipnea e tremor debido a temperaturas, pouco era coñecido sobre os métodos polos cales os animais privados da súa transpiración cutánea poden protexerse do exceso de calor e como animais arrefriados podían quentarse a si mesmos.

En terapéutica experimental, Richet demostrou que o sangue de animais vacinados contra unha infección, protexe contra a mesma (novembro de 1888). Aplicando estes principios á tuberculose, fixo a primeira inxección seroterapéutica no home, o 6 de decembro de 1890.

Inventou a palabra anafilaxe para nomear a sensibilidade desenvolta por un organismo despois de recibir unha inxección parenteral dun coloide, substancia proteica ou toxina (1902), podendo así afirmar que a inxección parenteral de substancias proteicas modifica profunda e permanentemente a constitución química dos fluídos corporais.

As aplicacións da anafilaxe en medicina son extremadamente numerosas. Máis adiante demostrou os fenómenos da anafilaxe pasiva e a anafilaxe in vitro. A maioría dos traballos de fisioloxía de Charles Richet, publicados en diversas revistas científicas foron recompilados e publicados en *Travaux du Laboratoire da Faculté de Médecine de Paris (Alcan, París, 6 vols. 1890-1911).

Catedrático de Fisioloxía e profesor da Sorbona, Membro do Instituto de Francia, Presidente da Sociedade de Bioloxía, o 11 de decembro de 1913 foi galardoado co Premio Nobel de Medicina polas súas investigacións sobre anafilaxe.

Richet foi tamén un dos máis representativos pioneiros da investigación chamada no seu tempo "metapsíquica", termo substituído despois polo acuñado por Max Dessoir: Parapsicoloxía. Richet publicou as súas conclusións no seu voluminoso Tratado de Metapsíquica. Corenta anos de traballos psíquicos, así como en O porvir e a premonición, traducidos ambos os ó castelán pola Ed. Araluce: en 1923 o primeiro, con eloxioso prólogo do inmunólogo catalán Jaime Ferrán, e en 1932 o segundo.

Así mesmo, dedicou parte do seu tempo a escribir obras de arte dramática e foi un forte defensor da lingua internacional esperanto.[1]

Notas editar

  1. Ivan Širjaev; Ludoviko Kökény; Vilmos Bleier; Kálmán Kalocsay (1933-1934). Enciklopedio de Esperanto. Literatura Mondo.