Élie Jean François Le Guillou

Élie Jean François Le Guillou, tamén escrito como Élie-Jean-François Le Guillou, nado en Quimperlé (Finistère) o 30 de xuño de 1806 e finado na mesma localidade o 1 de xaneiro de 1894, foi un médico e naturalista francés.[1]

Infotaula de personaÉlie Jean François Le Guillou
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1806
Quimperlé (Finistère)
Morte1 de xaneiro de 1894
Quimperlé (Finistère)
Datos persoais
País de nacionalidadefrancesa
Actividade
Ocupaciónmédico, naturalista, entomólogo
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaLe Guillou Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiHenri Le Guillou
Premios
Cabaleiro da Légion d'honeur

Traxectoria editar

Seu pai, Henri Le Guillou, era médico en Quimperlé.

Entre 1837 e 1840, Le Guillou participou na expedición dos buques de guerra franceses L'Astrolabe e La Zélée ás rexiones polares do sur, liderada por Jules Dumont d'Urville. Nesta viaxe visitou as illas do Arquipélago Malaio, Polinesia, Australia e a Antártida. Le Guillou ocupaba o cargo de cirurxián maior a bordo da Zélée, comandado por Charles Hector Jacquinot, segundo ao mando despois de Dumont d'Urville. Le Guillou dedicouse principalmente á entomoloxía, pero tamén recolectou máis de 3 000 mostras de rochas nas costas do estreito de Magalláns e o sur de Tasmania.[2]

Le Guillou discutiu con d'Urville durante esta expedición, pero non contou co apoio da tripulación.[3] Ao final da segunda parte do seu diario da viaxe escribiu unha aguda resposta ás críticas do recentemente falecido d'Urville.[4] Posteriormente, a tripulación publicou nos Annales maritimes et coloniales unha protesta contra este ataque de Le Guillou.[5]

Sobre o seu traballo científico, Le Guillou escribiu os dous volumes de Souvenirs d'un naturaliste, ou recueil des observación d'histoire naturelle, faites par M. le docteur Élie Le Guillou, Chirurgien-Major de la Zelée, pendant le dernier voyage de circum-navigation du contre-amiral Dumont-D'Urville, e en varios artigos describiu as especies que recolectara durante a viaxe.[6] Neles inclúense as especies de formigas Formica amyoti, Formica arcuata e Ponera araneoides, o pentatómido Scotinophara cineara e a bolboreta Xyleutes persona.

Notas editar

  1. Le Guilllou. Légion d'Honeur. Consultada o 29 de xullo de 2021.
  2. Élie de Beaumont (1841): "Rapport sur une communication géologique de M. le docteur Le Guillou" Comptes rendus hebdomadaires des séances de l'Académie des sciences, Volume 12, p. 927.
  3. John Dunmore (2007): From Venus to Antarctica: The Life of Dumont D'Urville. ISBN 978-0-9089-8871-6.
  4. E. J. F. Le Guillou: Voyage autour du monde de l'Astrolabe et de la Zélée: sous les ordres du contre-amiral Dumont-d'Urville, pendant les années 1837, 38, 39 et 40 (mis en ordre par J. Arago), Paris, 2 vol., 1842-1843.
  5. Joseph Marie Quérard (1854): La littérature française contemporaine. XIXe siècle: Le tout accompagné de notes biographiques et littéraires, Volumen 5, París: Daguin Frères.
  6. "Description de vingt-sept espèces d'Helices nouvelles".