École normale supérieure de París-Saclay
A École normale supérieure de París-Saclay (tamén ENS de París-Saclay ou Normale Sup' París-Saclay), anteriormente ENS Cachan, é unha grande école e membro constituínte da Universidade París-Saclay estabelecida en 1892. Atópase en Gif-sur-Yvette, dentro do departamento de Essonne, formando parte de Île-de-France.
École normale supérieure de París-Saclay | |
---|---|
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
Páxina web | www |
Logo Université Paris-Saclay.svg | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A ENS de París-Saclay é unha das máis prestixiosas e selectivas grandes écoles francesas. Xunto coa École normale supérieure (París), ENS de Lión e ENS de Rennes, a escola pertence á rede informal de écoles normales supérieures, encargadas de formar aos futuros investigadores e profesores de máis alto nivel de todo o sistema educativo francés.
En 2014, a ENS de París-Saclay é unha das institucións fundadoras da Universidade París-Saclay, unha iniciativa para integrar e combinar recursos desde un número de diferente grandes écoles, universidades públicas, e institucións investigadoras.
A ENS de París-Saclay muda de enderezo en 2019 a un campus novo localizado no coñecido comunmente co nome de "plateau de Saclay", na commune de Gif-sur-Yvette, a carón doutros centros de investigación e ensino membros da Universidade de París-Saclay co fin de crear un novo centro de investigación e creación de empresas.
Resumo
editarA École normale supérieure París-Saclay é unha Grande École, unha institución francesa de educación de alto nivel, claramente diferenciada pero conectada e formando parte do sistemaa universitario público francés. Similar á Liga Ivy nos Estados Unidos, Oxbridge no Reino Unido, e a Liga C9 na China, as Grandes Écoles francesas conforman a elite das institucións académicas, cun proceso de admisión de novos estudantes extremadamente competitivo.[1][2][3] As Grandes Écoles adoitan ter clases e promocións máis pequenas que as universidades públicas, cunha gran variedade de programas en inglés. Mentres a maioría de Grandes Écoles teñen taxas de inscrición máis caras que as universidades francesas, a École normale supérieure Paris-Saclay cobra o mesmo custo de matrícula: 243€ anuais a nivel de mestrado en 2021/2022.[4] Caracterízanse por unha gran proximidade co goberno francés así como co mundo empresarial, así como por unha valorización doutros aspectos máis aló do académico, sendo obrigatorio realizar unha estancia no estranxeiro, xa sexa de estudos ou prácticas.[5][6] Os títulos obtidos nas diferentes Écoles normales supérieures son acreditados pola Conférence des Grandes Écoles[7] e outorgados polo Ministerio de Educación Nacional francés (en francés: Le Ministère de L'éducation Nationale).[8] Os seus alumnos salientan por ocupar posicións de elite dentro de goberno, administración, e do tecido empresarial francés.[9][10]
A misión principal da ENS de París-Saclay é formar académicos de clase mundial, mais tamén como lugar de formación de cadros administrativos públicos e de executivos de empresas privadas. Para isto, o seu alumnado intégraa maioritariamente desde as "classes préparatoires". Unha parte do estudantado da ENS de París-Saclay que pasou o exame de entrada é designado como "normaliens" e integran directamente o funcionariado francés, cun salario mensual pagado polo goberno francés. Esta parte do estudantado é obrigada a continuar posteriormente cunha carreira académica ou no sino da administración pública francesa durante polo menos seis anos despois de ter rematado os seus estudos na ENS.
Durante os seus estudos, os estudantes seguen o currículo universitario estándar (Grao, Mestrado, e moitas veces tese doutoral).
Hai 17 departamentos: os departamentos científicos de Bioloxía, Matemáticas, Informática, Física Fundamental, Química; os departamentos de enxeñaría de Electrónica, Enxeñaría Mecánica, Enxeñaría Civil; Economía e Administración, Ciencias Sociais, Lingua e Deseño.
A ENS de París-Saclay coopera con moitas universidades estranxeiras, por exemplo en programas de intercambio de estudantes. Un deles é MONABIPHOT, en cooperación coaUniversidade de Tecnoloxía Wroclaw en Polonia, a Universidade Complutense ou a Carlos III de Madrid, o MIT, Oxford ou Humboldt.
Admisión
editarA admisión á ENS de París-Saclay como normalien faise mediante un exame de entrada extremadamente competitivo, e que require polo menos dous anos de preparación despois do instituto en Clases Préparatoires. A ENS de París-Saclay recruta cada ano 360 normaliens e 800 estudantes.
Alumni salientables
editar- Philippe Aghion (economista francés)
- Alain Aspect (físico francés e gañador do premio Nobel)
- Julie Battilana (profesora de Administración Empresarial na Harvard Business School)
- Laurent Batsch (economista francés e reitor da Universidade París Dauphine)
- Elie Bursztein (Científica de computadores francesa)
- Bernard Charlès (CEO de Dassault Systemes)
- Mérouane Debbah (Director de I&I de Huawei Francia)
- Erwan Dianteill (Antropólogo cultural francés)
- Aawatif Hayar (Ministro marroquí de Solidariedade, Integración Social e Familia)
- Michel Lallement (sociólogo francés)
- Marie-Noëlle Lienemann (política francés)
- Éloïc Peyrache (Economista francés)
- Olivier Rubel (profesor de escola empresarial)
- Marc Yor (matemático francés)
- Gabriel Zucman (economista francés)
Notas
editar- ↑ "France's educational elite". Daily Telegraph. 17 de novembro de 2003. Consultado o 5 de febreiro de 2019.
- ↑ Pierre Bourdieu (1998). The State Nobility: Elite Schools in the Field of Power. Stanford UP. pp. 133–35. ISBN 9780804733465.
- ↑ What are Grandes Ecoles Institutes in France?
- ↑ "DROITS DE SCOLARITÉ - FORMATION INITIALE NIVEAUX LICENCE ET MASTER ANNÉE UNIVERSITAIRE 2021-2022" (PDF) (en francés). École normale supérieure Paris-Saclay. Consultado o 5 de febreiro de 2022.
- ↑ "FT European Business Schools Ranking 2021: France dominates". Financial Times. Consultado o 26 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Higher Education in France". BSB. Consultado o 26 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Conférence des grandes écoles: commission Accréditation". Conférence des grandes écoles. Consultado o 21 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Etablissements dispensant des formations supérieures initiales diplômantes conférant le grade de master". Ministry of France, Higher Education. Ministère de l'Enseignement supérieur, de la Recherche et de l'Innovation. Consultado o 16 de xaneiro de 2022.
- ↑ Monique de Saint-Martin, « Les recherches sociologiques sur les grandes écoles : de la reproduction à la recherche de justice », Éducation et sociétés 1/2008 (No. 21), p. 95-103. lire en ligne sur Cairn.info
- ↑ Valérie Albouy et Thomas Wanecq, Les inégalités sociales d'accès aux grandes écoles (2003), INSEE