Abrir o menú principal

Ángel Suquía

(Redirixido desde "Ángel Suquía Goicoechea")

Ángel Suquía Goicoechea nado en Zaldibia, Guipúscoa, o 2 de outubro de 1916, e finado en Donostia o 13 de xullo de 2006, foi un sacerdote de España, cardeal e arcebispo de Madrid, diocese na cal mantivo o cargo como emérito. Era Doutor en Teoloxía.

Ángel Suquía Goicoechea
Ángel Suquía Goicoechea.jpg
Cardeal da Igrexa católica
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1916 en Zaldibia, Guipúscoa
Pasamento13 de xullo de 2006 en Donostia, Guipúscoa
Ordes
Ordenación sacerdotal7 de xullo de 1940
Consagración episcopal16 de xullo de 1966, por Antonio Riberi
Creado cardeal25 de maio de 1985
Arcebispo de Madrid
Cardeal-Presbítero de Gran Mare di Dio
1983 - 1994
PredecesorVicente Tarancón
SucesorAntonio María Rouco Varela
Cargos anterioresArcebispo de Santiago de Compostela (1973-1983)
Bispo de Málaga (1969-1973)
Bispo de Almería (1966-1969)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Primeiros anos e presbiteradoEditar

Recibiu a súa formación relixiosa, primeiro no seminario menor de Mutriku (Guipúscoa) e despois no seminario de Vitoria. Foi ordenado sacerdote en 1940, tras regresar precipitadamente da Alemaña ao estalar a Segunda guerra mundial, onde estaba estudando.

Dende 1941 foi membro activo da Acción Católica. No 1946 viaxou á Pontificia Universidade Gregoriana en Roma, doutorándose en 1949. No 1951 foi nomeado profesor do seminario vitoriano onde estudara, chegando á reitoría no 1955.

Bispo de AlmeríaEditar

O 17 de maio de 1966 foi nomeado bispo da diocese de Almería, recibindo a ordenación episcopal o 16 de xullo do mesmo ano. Durante o seu período á cabeza da diocese andaliza, estabeleceu o primeiro consello presbiteral da diocese e restruturou o seminario, trasladándoo á cidade de Granada e adscribíndoo á Facultade de Teoloxía da Compañía de Xesús.

Bispo de MálagaEditar

En 1969 foi trasladado á diocese de Málaga. A súa etapa comezou coa toma de posesión da sé o 24 de xaneiro do ano seguinte, e caracterizouse por un amplo traballo pastoral, visitando a totalidade de parroquias da diocese, e visitando asemade ao sacerdotes malagueños que exercían en Venezuela.

Arcebispo de Santiago de CompostelaEditar

En 1973 foi trasladado novamente, nesta ocasión á arquidiocese de Santiago de Compostela.

Arcebispo de Madrid e cardealEditar

En 1983 foi nomeado bispo de Madrid-Alcalá, recibindo o cardealado en 1985. Foi presidente da Conferencia Episcopal Española de 1987 a 1993. No 1986 foi elixido membro da Real Academia da Historia e relacionouse, aínda que non era membro, co Opus Dei coa ocasión do proceso de canonización do seu fundador, Josemaría Escrivá de Balaguer,[1] en cuxa causa canónica participou de oficio[2].

Obras publicadasEditar

Sucesión apostólicaEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar