Ángel Santos Vila

mestre e pedagogo galego

Ángel Santos Vila, nado en Lugo o 9 de xullo de 1891 e finado en Sacramento (California) o 4 de xaneiro de 1965, foi un mestre e activista galeguista.[1]

Infotaula de personaÁngel Santos Vila
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1891 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1965 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Sacramento, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , pedagogo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
BOE coa clasificación social da Fundación Ángel Santos Vila.

En 1921, dende A Veiga, enviou un telegrama de adhesión ás Irmandades da Fala[2] e, en 1930, xa formaba parte da Irmandade da Fala de Ribadeo, a carón de Francisco Lanza.

Como 'mestre nazonal' defendeu o uso do galego no ensino, e o uso por riba das guerras normativas do momento. Foi Premio extraordinario de maxisterio no 1933.[2] Colaborou con certa asiduidade no periódico A Nosa Terra con poemas e artigos.

Vida persoal editar

Casou con Generosa Moreno Rodrigo, non tiveron descendencia.[3] Tras a súa morte, en 1966, a súa viúva creou unha fundación que capitalizou con 323 981,02 pesetas e seguiu nutrindo, pero non se sabe que chegase a desenvolver actividade.[1][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 https://boe.es/boe/dias/1966/02/15/pdfs/A01816-01817.pdf
  2. 2,0 2,1 "El toupo que fuza: Ángel Santos Vila". El toupo que fuza. 2019-11-15. Consultado o 2023-09-15. 
  3. 3,0 3,1 Lugo, El Progreso de (2019-07-22). "Generosa Moreno Rodrigo". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-09-23.