Álvaro Porto Dapena

filólogo e profesor universitario galego

José Álvaro Porto Dapena, nado en San Xiao de Narón (Narón) en 1940 e finado en Cedeira o 6 de outubro de 2018, foi un filólogo e profesor universitario galego, membro correspondente da Real Academia Española de la Lengua.

Álvaro Porto Dapena
Nacemento1940
Lugar de nacementoSan Xiao de Narón
Falecemento6 de outubro de 2018
Lugar de falecementoCedeira
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónfilólogo, profesor universitario e romanista
Na rede
Dialnet: 183479
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en 1967 en Filoloxía románica, acadando o doutoramento na Universidad Complutense de Madrid en 1972, onde traballa como docente ata 1997, ano no que se traslada a Galicia para facerse cargo da cátedra de Lengua Española da Universidade da Coruña. Tamén traballou no Seminario de Lexicografía da Real Academia Española colaborando na elaboración do seu Diccionario Histórico e no Diccionario de construcción y régimen de R. J. Cuervo, onde redactou a meirande parte do tomo III. Participou con outros autores no Diccionario "Coruña" de la lengua española actual: planta y muestra, ó tempo que o dirixiu.

Colaborou no Diario de Ferrol, onde escribe todos os domingos un espazo titulado "Con nome propio" no que trata, preferentemente, a toponimia da comarca de Ferrol.

Obra[1]Editar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar