Abrir o menú principal

Águeda Gómez Suárez

socióloga e investigadora galega

Águeda Gómez Suárez, nada no Rosal o 10 de outubro de 1971, é unha socióloga, escritora e profesora galega especializada na diversidade, a etnicidade e na prostitución.

Águeda Gómez Suárez
Nacemento24 de outubro de 1971
 O Rosal
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupacióninvestigator, socióloga e catedrática
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Águeda Gómez licenciouse en Socioloxía en 1994 pola Universidade Complutense de Madrid e doutorouse en Socioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 2001 coa tese Indigenismo y mobilización política en América Latina: los Tawahka, pobo orixinario da selva centroamericana da Mosquitia hondureña.[1]

É profesora titular na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo.

Gran parte das súas investigacións desenvolvéronse en América Latina en temas como a igualdade de xénero en distintos grupos étnicos do mundo, o matriarcado ou os movementos étnicos en Centroamérica.[2]

A prostitución tamén centrou as súas investigacións e en 2008 publicou o monográfico Perfil sociológico de los clientes de prostitución en Galicia, en Edicións Xerais.

En 2018 publicou El putero español: quiénes son y qué buscan los clientes de prostitución en España, unha investigación sobre as motivacións que levan ós homes a pagar por sexo, un estudo realizado xunto á profesora Rosa María Verdugo e a investigadora Silvia Pérez.[3]

NotasEditar