Vía do alfa-aminoadipato

(Redirixido desde "Ácido alfa-aminoadípico")
O aminoácido L-lisina.

A vía do α-aminoadipato é unha vía metabólica para a síntese do aminoácido L-lisina. Nos eucariotas esta vía é exclusiva dos fungos superiores (que conteñen quitina nas súas paredes celulares) e os euglénidos.[1] Tamén se atopou nas bacterias do xénero Thermus.[2]

Vía metabólicaEditar

O homocitrato é inicialmente sintetizado a partir de acetil-CoA e 2-oxoglutarato pola homocitrato sintase. Este é despois convertido en homoaconitato pola homoaconitase e despois a homoisocitrato pola homoisocitrato deshidroxenase. Un átomo de nitróxeno engádese desde o glutamato pola aminoadipato aminotransferase para formar o α-aminoadipato polo cal esta vía recibe o seu nome. Este despois é reducido pola aminoadipato redutase por medio do intermediario acil-enzima a un semialdehido. A reacción co glutamato catalizada por unha clase de sacaropina deshidroxenase rende sacaropina, que é despois clivada por unha segunda sacaropina deshidroxenase para formar lisina e oxoglutarato.[3]

Ácido alfa-aminoadípicoEditar

Ácido α-aminoadípico
Identificadores
Número CAS 542-32-5
PubChem 469
ChemSpider 456
MeSH 2-Aminoadipic+Acid
ChEBI CHEBI:37024
ChEMBL CHEMBL433238
Imaxes 3D Jmol Image 1
Image 2
Propiedades
Fórmula molecular C6H11NO4
Masa molecular 161,156 g/mol
Aspecto Cristalino
Densidade 1,333 g/mL
Punto de fusión 196 °C; 385 °F; 469 K
Punto de ebulición 364 °C; 687 °F; 637 K
Perigosidade
Principais perigos Irritante

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O ácido α-aminoadípico (ou alfa-aminoadipato se está desprotonado) é un aminoácido intermediario na vía do α-aminoadipato para o metabolismo da lisina e a sacaropina. É sintetizado a partir do homoisocitrato pola aminoadipato aminotransferase e reducido pola aminoadipato redutase para formar o semialdehido.

Un estudo de 2013 identificou ácido α-aminoadípico (ácido 2-aminoadípico) como un "novo preditor do desenvolvemento da diabetes" e suxeriu que é "un potencial modulador da homeostase da glicosa en humanos".[4]

NotasEditar

  1. Zabriskie TM, Jackson MD (2000). "Lysine biosynthesis and metabolism in fungi". Natural Product Reports 17 (1): 85–97. PMID 10714900. doi:10.1039/a801345d. 
  2. Kosuge T, Hoshino T (1999). "The α-aminoadipate pathway for lysine biosynthesis is widely distributed among Thermus strains". Journal of Bioscience and Bioengineering 88 (6): 672–5. PMID 16232683. doi:10.1016/S1389-1723(00)87099-1. 
  3. Xu H, Andi B, Qian J, West AH, Cook PF (2006). "The α-aminoadipate pathway for lysine biosynthesis in fungi". Cell Biochemistry and Biophysics 46 (1): 43–64. PMID 16943623. doi:10.1385/CBB:46:1:43. 
  4. Wang TJ, Ngo D, Psychogios N, Dejam A, Larson MG, Vasan RS, Ghorbani A, O'Sullivan J, Cheng S, Rhee EP, Sinha S, McCabe E, Fox CS, O'Donnell CJ, Ho JE, Florez JC, Magnusson M, Pierce KA, Souza AL, Yu Y, Carter C, Light PE, Melander O, Clish CB, Gerszten RE (2013). "2-Aminoadipic acid is a biomarker for diabetes risk". J Clin Invest 123 (10): 4309–4317. PMC 3784523. PMID 24091325. doi:10.1172/JCI64801. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar